Shōbara (庄原市, しょうばらし, Shōbara-shi) é un concello da prefectura de Hiroshima no Xapón. Está situado na parte norte da prefectura, na área da provincia histórica de Bingo e no centro da rexión de Chūgoku, na parte oeste da illa de Honshū. Ten 1.246,60 km² de superficie, unha poboación de 40.876 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 32,8 h/km².
O concello de Shōbara limita cos concellos de Miyoshi, Fuchū, Jinsekikōgen (que son da prefectura de Hiroshima); de Iinan, Unnan, Okuizumo (que son da prefectura de Shimane); de Takahashi, Niimi (que son da prefectura de Okayama); e Nichinan (este último é da prefectura de Tottori).
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Shōbara .
Shobara Shobara Shobara