José Miguel Redín, máis coñecido como Joxemi, nado en Pamplona o 25 de maio de 1969, é un músico español. É o guitarrista dos grupos Ska-P e No-Relax.
Biografía Nado en Pamplona, aínda que criado en Larraga, Joxemi comeza a súa afección pola música cando tiña 12 anos, momento no que chegou ás súas mans un disco de The Beatles. Logo comezou a escoitar grupos como The Ramones, Sex Pistols, The Clash, Dead Kennedys, e posteriormente comezoulle a gustar a música punk.
Máis adiante coñece aos integrantes de Ska-P e leva ao local de ensaio varios temas para tocar. Aquilo a el gustáballe moito, a música para o era o máximo, e en 1994 sacan o seu primeiro disco, Ska-P, onde comezan a tocar cancións con temas que caracterizarían ao grupo polos demais anos. As letras das súas cancións tratan xeralmente de problemas sociais, como a desigualdade, a antiglobalización, o racismo etcétera. Ademais, deixan unha mensaxe en favor da liberdade, non exento de polémica.
Durante o parón indefinido do grupo (2005-2007), adícase en exclusiva a traballar con No-Relax, grupo que fundara en 2003 xunto con Micky, ex-cantante do grupo italiano B.d.P.
Discografía Con Virus de Rebelión *Skalerriapunk(1986)
Con Ska-P *El vals del obrero(1996)*Eurosis(1998)*Planeta Eskoria(2000)*¡¡Que corra la voz!!(2002)*Incontrolable(2003)En directo*Lágrimas y gozos(2008)
Con No-Relax *Gridalo!(2004)
Ligazóns externas Páxina de Joxemi en ska-p.com Páxina de No-Relax
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Pamplona Categoría:Músicos de España Categoría:Personalidades do rock
ca:José Miguel Redin