Marilyn Chambers, nada en Providence (Rhode Island) o 22 de abril de 1952 e finada nos Ánxeles o 12 de abril do 2009, foi unha modelo e actriz porno estadounidense famosa internacionalmente por protagonizar o filme porno de 1972 Behind the Green Door.

Traxectoria Segundo o libro de John Hubner Bottom Feeders, (1994), Chambers proviña dunha familia de clase media, seu pai era publicista e a súa nai enfermeira, sendo a máis nova de tres fillos. O pai trataba de disuadila de seguir unha carreira de modelo co argumento da competencia existente nese gremio.

Chambers desfilou nalgúns actos e obtivo un pequeno papel no filme The Owl and the Pussycat (1970), que protagonizaba Barbra Streisand; onde empregou o alcume "Evelyn Lang". Logo trasladouse aos Ánxeles para traballar, mais non obtén ningún papel, excepto para unha película, Together (1971), na que apareceu núa. Abandonaría Os Ánxeles e iríase a San Francisco, onde ocupou varios postos de traballo, currando, por exemplo, de bailadora.

A súa filla encontrouna morta na súa casa.

Categoría:Actores de Rhode Island Categoría:Actores porno dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Rhode Island Categoría:Finados en 2009 Categoría:Actrices de porno heterosexual