Suita (吹田市, すいたし, Suita-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ao norte da prefectura, na parte Hokusetsu (significa a parte norte de Settsu), no centro da rexión de Kinki e no centro-oeste da illa de Honshu. Ten 36,11 km² de superficie, unha poboación de 355.298 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 9.840 hab./km².
O concello de Suita limita cos concellos de Minō, Toyonaka, Osaca, Settsu e Ibaraki.
Universidades Universidade de Osaca (大阪大学). Campus de Suita (吹田キャンパス). Facultade de Medicina (医学部). Facultade de Odontoloxía (歯学部). Facultade de Farmacia (薬学部). Facultade de Enxeñería (工学部). Facultade de Ciencia humanística (人間科学部). Universidade de Kansai (関西大学). Campus de Senriyama (千里山キャンパス). Universidade de Osaka-Gakuin (大阪学院大学).
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Suita .
Categoría:Prefectura de Osaca Categoría:Concellos do Xapón