Yonago (米子市, よなごし, Yonago-shi) é un concello da prefectura de Tottori no Xapón. Está situado ao oeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Hōki e no centro da rexión de San'in, na parte noroeste da rexión de Chugoku, na illa de Honshū. Ten 132,21 km² de superficie, unha poboación de 148.408 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 1.120 h/km².

O concello de Yonago limita cos concellos de Sakaiminato, Hiezu, Daisen, Hōki, Nanbu (que son da prefectura de Tottori); e Yasugi (este último é da prefectura de Shimane).

Cidades irmandadas Sokcho, Gangwon, Corea do Sur.

Personaxes de sona Kihachi Okamoto (岡本 喜八, おかもと きはち, 1924 - 2005) - Director de cine.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Yonago .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Tottori Categoría:Rexión de San'in