A Consellería do Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é José González Vázquez.
Historia A consellería de Medio Rural e do Mar é, a pesar das mudanzas de nomes, unha das máis estables da historia dos gobernos autonómicos en canto a funcións e competencias. A variación máis importante foi a incorporación, entre 1983 e 1986 das políticas relacionadas coa pesca e a acuicultura que antes, coma o foron despois, tiveron unha consellería de seu. Estas competencias foron recuperadas trala remodelación de goberno producida en 2012. Non obstante, en 2015 a Consellería divídese en Consellería do Medio Rural, dirixida por Ángeles Vázquez, e a Consellería do Mar, dirixida por Rosa Quintana.
Conselleiros Jaime Rey de Roa (1982-1984). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Fernando Garrido Valenzuela (1984-1986). A partir de 1985, como conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación e uns meses despois, como conselleiro de Agricultura. Ángel Ruiz Fidalgo (1986-1987). Francisco Sineiro (1987-1990). Xosé Manuel Romay Beccaría (1990-1991). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Forestal. Tomás Pérez Vidal (1991-1997). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Cástor Gago (1997-2001). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria. Xoán Manuel Diz Guedes (2001-2004). A partir de 2001, uns meses máis tarde, como conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. José Antonio Santiso Miramontes (2004-2005). Alfredo Suárez Canal (2005-2009). Como conselleiro de Medio Rural. Samuel Juárez (2009-2012). Rosa Quintana (2012-2015). Como conselleira de Medio Rural e do Mar. Ángeles Vázquez Mejuto (2015-2018). Como conselleira de Medio Rural. José González Vázquez (2018-).
Estrutura interna Secretarías e direccións xerais Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que ocupa Joaquín Macho Canales, a consellería do Medio Rural conta coas seguintes secretarías e direccións xerais:
Dirección Xeral da Defensa do Monte: Manuel Rodríguez Vázquez Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal: José Luis Chan Rodríguez Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias: José Balseiros Guinarte Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural: Inés Santé Riveira
Entes asociados As seguintes entidades están asociadas á consellería:
Fondo Galego de Garantía Agraria Axencia Galega de Desenvolvemento Rural Axencia Galega da Calidade Alimentaria
Outros entes Bantegal, que xestiona o Banco de Terras de Galicia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural Ligazóns externas Web da consellería
Medio Rural