Terrence "Terry" Gene Bollea, alcumado Hulk Hogan, nado o 11 de agosto de 1953 en Augusta (estado de Xeorxia) e finado o 24 de xullo de 2025 en Clearwater (Florida), foi un actor e loitador profesional estadounidense.

Traxectoria Como loitador, Hogan foi 12 veces campión mundial, 6 veces Campión da WWE, 6 veces Campión da WCW, e tamén unha vez Campión por parellas. Non obstante, Hulk Hogan transcendeu o campo meramento deportivo, e deu en se converter nun fenómeno dos medios nos Estados Unidos, exportado nalgúns casos a países europeos. Deste xeito, Hogan tamén fixo carreira na música, sacando á venda tres discos chamados, Hulk Rules, As Hulk Hogan e The Wrestling Boot Band. Así mesmo, Hulk Hogan prestou a súa imaxe para o protagonista de diversos videoxogos da WWE, entre os que están "Legends of Wrestling", "SmackDown vs Raw 2006-2007", "WCW Nitro" , "Super Wrestlemania for SNES", e "Day of reckoning volumes 1 e 2" para Gamecube.

Filmografía AnoFilmePapelNotas 1982 Rocky III Thunderlips 1983 Bimini Code Rick, Blond Henchman (sen acreditar) 1984 Goldie and the Bears Mac McKenna 1989 No Holds Barred Rip 1990 Gremlins 2: The New Batch El mesmo 1991 Suburban Commando Shep Ramsey 1992 Mr. Nanny Sean Armstrong 1993 Thunder in Paradise Randolph J. Hurricane Spencer 1994 Thunder in Paradise II 1995 Thunder in Paradise III 1996 The Secret Agent Club Ray Chase Spy Hard Steele's other Tag-Team Member (cameo) Santa with Muscles Blake 1997 The Ultimate Weapon Cutter Assault on Devil's Island Mike McBride 1998 McCinsey's Island Joe McGrai 3 Ninjas: High Noon at Mega Mountain Dave Dragon 1999 Assault on Death Mountain Mike McBride Muppets from Space El mesmo 2001 Walker, ranger de Texas Boomer Knight TV episodio: "Division Street" 2009 Little Hercules Zeus 2011 Gnomeo & Juliet Terrafirminator V.O. Voz Black River Marcus Demchak China, IL The Dean AnoVideoxogoPapelNotas 2011 Saints Row: The Third (videoxogo) Angel

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Loitadores dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Nados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Finados en 2025