Raúl Ríos Álvarez, nado en Trazo en 1945 e finado o 11 de febreiro de 2021, foi un mestre e político galego que foi o primeiro alcalde democrático de Trazo.

Traxectoria Mestre de profesión, exerceu no CPI de Viaño Pequeno. Foi o primeiro alcalde democrático de Trazo, ao resultar elixido nas municipais de 1979 encabezando Candidatura Independente Trazo, que logrou 6 concelleiros, ao igual que UCD, e logrando o apoio do concelleiro do PTG. Nas municipais de 1983 encabezou de novo a Candidatura Independiente de Trazo, que gañou ao conseguir 6 concelleiros, pero non conseguiu a alcaldía, que foi para Jesús Dubra Rama, entón do PSdeG-PSOE, co apoio dos grupos de dereitas. Uns meses despois, unha sentenza da Audiencia da Coruña modificou o repartimento de concelleiros e deulle 7 concelleiros aos independentes, polo tanto maioría absoluta. En marzo de 1984, tralos múltiples atrancos do alcalde, celebrouse un novo pleno de investidura no que Ríos recuperou a alcaldía.

De cara ás municipais de 1987 ingresou no PSdeG e volveu ser elixido nas baixo estas siglas ao gañar con 6 concelleiros e contar co apoio do CDS de Dubra Rama. Porén, este acordo rachou, e Dubra Rama presentou unha moción de censura co apoio da CPG e AP, pola cal este foi elixido de novo alcalde en xullo de 1988. Nas municipais de 1991 os socialistas lograron tan só 2 concelleiros, e acabaron integrándose no goberno do CDS de Dubra, aínda que no 1994 se rompeu o acordo, retirándose Ríos da política ao final da lexislatura en 1995.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Trazo

Ligazóns externas Falece o primeiro alcalde democrático de Trazo, Raúl Ríos, aos 76 anos

Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Trazo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Nados en Trazo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes