Groninga (en neerlandés, Groningen, e en baixo saxón, Grunnen) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é a cidade de Groninga. Limita coas provincias de Drenthe e Frisia, o Estado federado alemán de Baixa Saxonia e o mar de Wadden.
Unha das infraestruturas máis importantes é a canle Van Starkenborghkanaal, que une varias cidades da provincia como: Stroobos, Grijpskerk, Zuidhorn, Noordhorn, Aduard e Groninga
As fontes de ingresos predominantes son a agricultura e a extracción de gas natural, principalmente na vila de Slochteren. A extracción ás veces causa pequenos tremores de terra.
É tamén coñecida como Stad en Ommelanden, que significa "cidade e terras circundantes". Algúns groningueses falan dialectos do baixo saxón.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Provincias dos Países Baixos