Hachinohe (八戸市, はちのへし, Hachinohe-shi) é un concello da prefectura de Aomori no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Tōhoku e ó sueste da prefectura, no norte da illa de Honshū. Ten 305,19 km² de superficie, unha poboación de 239.608 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 785 h/km². Hachinohe é a segunda cidade máis poboada da prefectura.

O concello de Hachinohe limita cos concellos de Nanbu, Gonohe, Oirase, Hashikami (que son da prefectura de Aomori); e Karumai (este último é da prefectura de Iwate).

Cidades irmandadas Federal Way, Estado de Washington, Estados Unidos (1993).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Hachinohe .

Categoría:Prefectura de Aomori Categoría:Concellos do Xapón