miniatura|265px|Mini e Mero encol do escenario (2008). Mini e Mero foi un dúo de cantautores chairegos, formado por Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla. Actuaron xuntos durante 46 anos, ata confirmaren a súa separación en novembro de 2018.

Traxectoria Ademais da súa produción discográfica cos devanditos grupos, participaron por separado ou conxuntamente noutros discos de música galega, como o Quiquiriqui producido no ano 2006 pola Asociación de Gaiteiros Galegos e en obras teatrais como Pan, catro propostas arredor da malla (creación e adaptación musical súa) e publicado diversos libros.

É salientable o seu labor de recompilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente na súa Terra Chá natal e nas zonas onde exerceron o seu traballo de mestres: Mesía (Mero) e Boimorto (Mini).

O arquivo sonoro froito deste labor, e composto por milleiros de cintas magnetofónicas, foi cedido ao Museo do Pobo Galego para a súa dixitalización e incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, que ha estar dispoñible no web do museo. No campo educativo son autores de diversos libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario.

En abril de 2009 foilles concedido por unanimidade o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical, galardón que recibiron o 24 de maio de 2009.

En setembro de 2011 concedéselles o X Premio Ramón Piñeiro López - Facer País organizado pola asociación cultural Val de Láncara.

Un ano antes da súa separación, feita pública a finais do ano 2018, recibiran unha homenaxe en Vilalba.

Obras miniatura|Mini e Mero actuando na concentración do 29N en Santiago de Compostela. Os seus libros conxuntos inclúen, entroutros: Contos de vellos para nenos (1995) Somos lenda viva (1996)

A súa discografía conxunta inclúe: Nadal en Galego (1999) Coplas cantos e Romances de cego

Recoñecementos VII Edición Premios San Martiño de normalización lingüística (1997), no Concello da Estrada. Foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés, en 2017.

Véxase tamén

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:A Quenlla