José María Díaz Díaz-Villamil, nado no Cerdeiral (Viloudriz, A Pontenova) en 1898 e finado en Lugo o 25 de setembro de 1936, foi un avogado e político republicano galego.
Traxectoria Estudou Maxisterio e traballou como mestre en Vilameá. Despois exerceu como Inspector de Primaria en Lugo e estudou Dereito. Durante a ditadura de Primo de Rivera foi encarcerado en Madrid por ser o presidente da Sociedade de Estudantes de Dereito.
Foi un dos asinantes do Pacto de Barrantes en setembro de 1929, polo que se creaba a Federación Republicana Gallega dirixida por Santiago Casares Quiroga, que despois adoptaría o nome de ORGA. Como membro destacado deste partido, organizou a Asemblea Rexional de Lugo de maio de 1932 pola cal a ORGA adoptou o nome de Partido Republicano Gallego, e pouco despois foi nomeado gobernador civil de Huesca e Málaga, e en marzo de 1933 de Zaragoza, sendo Casares Quiroga ministro da Gobernación. En 1934 dimitiu do cargo e exerceu como avogado en Vilalba e Lugo, e pouco despois foi un dos encargados de integrar o PRG na nova Izquierda Republicana, da que será vocal por Lugo.
Nas eleccións xerais de febreiro de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Lugo na candidatura da Fronte Popular, sendo o terceiro candidato máis votado na provincia e o primeiro na cidade de Lugo. Ocupou interinamente o cargo de gobernador civil desta provincia durante uns meses. Cando estalou a sublevación militar que deu paso á guerra civil española o 19 de xullo de 1936 organizou a resistencia na cidade de Lugo con Rafael de Vega Barrera e Jacinto Calvo.
Ocultouse nas inmediacións da súa casa natal, en Batinote (A Pontenova), agardando a que o trasladaran a un porto desde onde embarcar rumbo a Cuba. Na madrugada do 25 de setembro de 1936 mantivo unha entrevista cun cómplice nun lugar próximo ao seu refuxio. O colaborador recomendoulle que desistise e retornase ao seu agocho porque non se daban as condicións para a fuga. Detectado o seu regreso por un grupo de gardas civís e falanxistas apostado á espreita, resultou ferido dun disparo e foi rematado cando pretendía fuxir saltando por unha xanela da palleira. Aínda con vida foi trasladado a Viloudriz e morreu no hospital de Lugo.Segundo fontes militares franquistas, o 20 de xullo conseguiu escapar a Ribadeo, pero foi capturado o 12 de setembro e morreu en Taramundi como resultado duna hemorraxia provocada por un disparo. Segundo Ramón García Piñeiro, as circunstacias reais da súa morte foron ocultadas para protexer ao confidente policial que desvelou o seu paradoiro ou ao colaborador que o traizoou. O seu domicilio e despacho en Lugo foi asaltado e desvalixado.As primeiras partidas Foi o único deputado lucense asasinado sen que tivese lugar un simulacro de xuízo.
Vida persoal
Casou con Elena Villamil Santalla.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Biografía na web de Izquierda Republicana Biografía
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Avogados da Pontenova Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1936