Hortensia Blanch Pita, coñecida como Silvia Mistral, nada na Habana en 1914 e finada en México o 21 de agosto de 2004, foi unha escritora galega.
Traxectoria O seu pai era catalán e a súa nai era de Vilalba, onde Silvia Mistral pasou boa parte da súa infancia. En 1926 volveu a Cuba coa familia e en 1931, logo da proclamación da República, instálase tamén coa familia en Barcelona. Alí comeza a súa relación co movemento anarquista, ao tempo que traballa nun laboratorio químico, e como xornalista escribindo artigos para diversos medios. Axiña se especializou en crítica cinematográfica e en 1936 comezou a traballar para a delegación da Paramount Pictures en España.
Durante a guerra participa da retagarda republicana escribindo artigos para distintos medios, e en 1939 marcha ao exilio a campos de concentración de refuxiados en Francia. Aos poucos meses marchou para México, onde se dedicou a escrita como xornalista, especializada en cine, e tamén como novelista.
Vida persoal Estivo casada co dirixente anarquista Ricardo Mestre.
Obra Éxodo, diario de una refugiada española (1940) Violetas imperiales Madréporas La cola de la sirena El niño de la banda La cenicienta china Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Galegos de México Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Escritores de México Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados na Habana Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2004