miniatura|Exemplo de escritura cursiva en inglés A cursiva é unha forma de escritura manual na que trazos e liñas unen as distintas letras, de forma que estas aparecen pegadas unhas ás outras. Tamén se chama do mesmo xeito ás fontes de imprenta, algo inclinadas cara á dereita, que imitan á escritura manual.

Uso A cursiva foi creada para a axilidade na escritura. Nas linguas que usan o alfabeto latino e o alfabeto cirílico as letras das palabras adoitan estar unidas entre si, o que permite escribir a palabra enteira cun só trazo.

As tipografías cursivas adoitan ser bastante diferentes das estampas ("maiúsculas"), xa sexan manuscritas ou tipografía. En cursiva hebrea e cursiva romana, as letras non adoitan estar conectadas.

Terminoloxía Adoita confundirse coa variante das fontes en escritura itálica, e nalgúns casos son sinónimos. Están aceptados os termos cursiva e itálica (tamén letra cursiva e letra itálica), pero rexéitase o termo "bastardiña", decalco do castelán. Moitas fontes tipográficas, especialmente nas súas versións para ordenador, teñen a variante en lingua inglesa script (imitando a letra manuscrita).

Etimoloxía O termo 'cursiva' deriva do latín cursivu, primeiramente das maiúsculas romanas cursivas ('capitalis cursiva).

Exemplos Exemplos de textos en tipos romano e itálico verdadeiro: centro|miniatura|600x600px|Texto en romano e itálico da familia Garamond O mesmo exemplo en cursiva'. centro|miniatura|600x600px|Texto romano e oblicuo ou cursiva; neste caso, inclinación forzada do tipo romano Garamond

Notas

Véxase tamén

Wikipedia:Libro de estilo (véxase apartado Cursivas) Escritura itálica Tipografía Unicode

Categoría:Grafémica