O florín neerlandés (en neerlandés gulden) é o nome da moeda usada nos Países Baixos dende o século XV até o ano 2002, cando foi substituída polo euro. Dúas versións do gulden están aínda vixentes en Aruba e nas Antillas Holandesas. A versión de Suriname foi substituída polo dólar surinamés en 2004.

O tipo exacto de cambio, importante para os contratos antigos, é de 2,20371 floríns (NLG) por 1 euro (EUR). Isto supón 0,45378 euros por 1 florín.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Real Casa da Moeda dos Países Baixos

Ligazóns externas

Numi: Catálogo de Moeda Holandesa

Categoría:Historia dos Países Baixos Categoría:Moedas dos Países Baixos Categoría:ISO 4217 Categoría:Moedas substituídas polo euro