Ski é un concello do condado de Akershus, Noruega. O concello limita ó norte con Oppegård e Oslo, ó leste con Enebakk e Hobøl, ó sur con Ås, e ó oeste con Frogn.
Ski é tamén o nome do centro administrativo do concello que con cerca de 12.000 habitantes desde 2004 ten o status de cidade, e é un importante centro nodal do ferrocarril da área de Oslo, Ski é tamén o centro rexional do distrito de Follo. miniatura|esquerda|300px|Igrexa de Ski O topónimo Ski vén do antigo noruegués Skeiði, unha derivación da palabra skeið, que significa competición de carreira de cabalos.
Outras poboacións do concello son Langhus (15.000 habitantes), Kråkstad, Siggerud e Skotbu.
Categoría:Concellos de Noruega