miniatura|dereita|300px|Diagrama que amosa as posicións de Lagrange L4 e L5 do sistema Terra-Lúa, nos cales se atopan as nubes de Kordylewski As Nubes de Kordylewski son grandes concentracións de po que parecen existir dentro dos puntos de Langrage L4 e L5 do sistema Terra-Lúa. Foron observadas por primeira vez polo astrónomo polaco Kazimierz Kordylewski nos anos 60, pero aínda hai moita controversia ó redor da súa existencia, debido ó seu extremadamente baixo brillo. Algúns astrónomos pensa que estas nubes poderían ser un evento transitorio xa que os puntos L4 e L5 de Langrage son inestables, debido as perturbacións dos planetas interiores.
Descubrimento e observación
A existencia dunha concentración de po confirmable fotometricamente nos puntos de libración foi predita polo Profesor J. Witkowski no 1951.
As Nubes foron vistas por primeira vez por Kordylewski no 1956. Entre o 6 de marzo e o 6 de abril de 1961 conseguiu fotografar dúas manchas brillantes preto do punto de libración L5. Durante a observación as manchas amosaron un movemento case imperceptible cara L5. As observacións foron feitas dende a montaña Kasprowy Wierch.
No 1967, J. Wesley Simpson fixo observación usando ó Kuiper Airborne Observatory.
A existencia das nubes de Kordylewski aínda son motivo de discusión. A sonda espacial xaponesa Hiten, a cal pasou a través dos puntos de libración para detectar partículas de po, e as súas medicións non obtiveron un incremento significativo da densidade de po respecto dos niveis de densidade de po do espazo circundante.
Aparencia
As nubes de Kordylewski son un fenómeno moi pouco luminoso, comparable en brillo ó Gegenschein. Son moi difíciles de ver dende a Terra pero poden ser visibles en noites dun ceo excepcionalmente claro e escuro. Aparecen máis brillantes cando están en oposición ó Sol. A meirande parte das observacións foron feitas dende desertos, o mar, ou montañas. As nubes poden aparecer máis vermellas có Gegenschein, indicando que seguramente teñan diferentes tipos de partículas de po.
As nubes de Kordylewski están situadas preto dos puntos de Langrage L4 e L5 do sistema Terra-Lúa. Son de aproximadamente 6 graos en diámetro angular. As nubes poden desprazarse entre 6 a 10 graos destes puntos. Outras observacións suxiren que as nubes movesen ó redor dos puntos de libración en elipses de 6 a 2 graos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
A Search for Objects near the Earth-Moon Lagrangian Points, por Francisco Valdes e Robert A. Freitas Jr., did not find any objects at the Earth-Moon or Earth-Sun lagrange points, but this survey was not sensitive to diffuse clouds.
Outros artigos Asteroides Troianos Gegenschein Luz zodiacal
Categoría:Sistema solar