O condado de Kerry (en gaélico irlandés Contae Ciarraí ou Chiarraí) é un condado da provincia de Munster (República de Irlanda, no suroeste do país. É celebre por ser o punto entrada do cristianismo nas Illas Británicas e por conter algunhas das máis importantes e históricas abadías da orde irlandesa. Ocupa unha extensión de 4.746 km² nos que habitaban 139.616 persoas no 2006. É o quinto condado máis grande dos 32 condados de Irlanda, e é o décimo cuarto en termos de poboación.. Con respecto á provincia é o segundo máis grande por superficie e o cuarto por poboación. A capital do condado é Tralee, mais neste condado áchase unha cidade senlleira irlandesa, Killarney.

O seu territorio limita co condado de Limerick polo leste e co condado de Cork polo sueste. Tamén ten costas atlánticas. Alberga un Parque Nacional (Killarney National Park), onde se atopan os Lagos de Killarney. A punta da Península de Dingle é o punto máis occidental de Irlanda, coas Illas Blasket, actualmente deshabitadas, ao oeste.

O condado tamén é sede dun dos equipos de fútbol gaélico máis importantes do país.

Topónimo Kerry é unha anglicismo de Ciarraí, que deriva de Ciarraighe, ou "xente de Ciar", o nome da tribo pre-gaélica que viviu en parte do condado actual. O fundador lendario da tribo foi Ciar, fillo de Fergus mac Róich.T J Barrington, Discovering Kerry, its History Heritage and toponymy, Dublin, 1976 En irlandés antigo "Ciar" significaba negro ou marrón escuro, e a verba úsase no irlandés moderno como adxectivo que describe a cor morena da pel.Gearrfhoclóir Gaeilge-Béarla, Dublin, 1981

Lugares 350px|miniatura|dereita|Os Lagos de Killarney Abbeydorney (Mainistir Ó dTorna) Annascaul (Abhainn an Scáil) Ardfert (Ard Fhearta) Ballinskelligs (Baile na Sceilge) Ballybunion (Baile an Bhuinneánaigh) Ballyduff (An Baile Dubh) Ballyferriter (Baile an Fheirtéaraigh) Ballyheigue (Baile Uí Thaidhg) Ballylongford (Béal átha longphúirt) Ballymacelligott (Bailemhiceilegóid) Brosna (Brosnagh) Caherdaniel (Cathair Dhónaill) Cahersiveen (Cathair Saidhbhín) Castlecove Castlegregory (Caislean Graighre) Castleisland (Oileán Chiarraí) Castlemaine (Casleán na mainge) Causeway (An Tóchar) Cordal (Cul) Currans Currow Derrymore Derrynane (Doire Fhionain) An Daingean Duagh (Duabhath) Dunquin (Dún Chaoin) Farranfore (An Fearann Fuar) Fenit (An Fhianait) Feothanach (An Fheothanach) Finuge (Fionnóg) Gneeveguilla Kenmare (An Neidín) Kilflynn (Cill Flainn) Kilgarvan (Cill Garbháin) Killarney (Cill Airne) Killorglin (Cill Orglan) Kilmoyley (Cill Mhaoile) Knightstown (An Chois) Knocknagoshel (Cnoc Na Gaisheal) Lispole (Lios Póil) Lisselton Listowel (Lios Tuathail) Lixnaw (Leic Snámha) Milltown (Baile an Mhuilinn) Moyvane (Maigh Mheáin) Portmagee (An Caladh) Rathmore (An Ráth Mhór) Scartaglen (Scarteach an Ghlainne) Sneem (An tSnaidhm) Tralee (Trá Lí) Tarbert (Tairbeart) Ventry (Ceann Trá) Waterville (An Coireán)

Personaxes egrexios 350px|miniatura|Vista do Anel de Kerry

Notas

Categoría:Condados de Irlanda