dereita|miniatura|Mycobacterium tuberculosis visualización usando a tinguidura de Ziehl-Neelsen. A tinguidura de Ziehl-Neelsen (BAAR) é unha técnica de tinguidura diferencial rápida e económica, para a identificación de microorganismos patóxenos, por exemplo M. tuberculosis.

Foi descrita por vez primeira por dous médicos alemáns, Franz Ziehl (1859-1926), un bacteriólogo, e Friedrich Neelsen (1854-1894), un patólogo.

Fundamento Se fundamenta en que as paredes de certos parasitos e bacterias conteñen ácidos graxos de cadea longa (50 a 90 átomos de carbono) que lles confiren a propiedade de resistiren a descoloración con alcohol-ácido, despois da tinguidura con colorantes básicos. Por isto se denominan bacilos ácido-alcohol resistentes ou BAAR. As micobacterias e os parasitos coccídeos caracterízanse polas súas propiedades de ácido-alcohol resistencia. A coloración clásica de Ziehl-Neelsen require quentamento para que o colorante atravese a parede bacteriana que contén ceras.

Técnica Esta técnica pode realizarse tanto en mostras histolóxicas como citolóxicas.

Variante histolóxica Para demostrar a presenza de BAAR en cortes de tecido en parafina. Os reactivos necesarios para a súa realización son os seguintes: ácido periódico 5% carbol fucsina de Ziehl (fucsina fenicada). Preparar mesturando na orde dada: 0,5gr fucsina básica 50cc auga destilada 5cc etanol absoluto 2,5gr cristais de fenol derretidos hematoxilina alcohol ácido 1%: alcohol de 70º ácido clorhídrico

O procedemento é o seguinte: desparafinar e hidratar os cortes ácido periódico 5%, 10 min. lavar con auga destilada fucsina fenicada, 15 min. descolorar en alcohol ácido ó 1% lavar con auga destilada hematoxilina, 10 min. azulidificar con, por exemplo, carbonato de litio deshidratar, aclarar e montar preparacións

Resultados BAAR: vermello. Núcleos: azul.

Variantes citolóxicas Coloración en quente (Técnica de Ziehl-Neelsen) Emprega a calor como mordente para formar o complexo colorante-parede. A súa principal desvantaxe consiste en que se pode levar a cabo unha decoloración en quente (tempo prolongado), que consiste en aplicar o descolorante ácido-alcohol e logo quentar a mostra, a capa lipídica ablándase e o descolorante pode atravesar a parede celular retirando o descolorante primario revertendo o proceso de formación do complexo colorante-parede. Por isto se di que a coloración en quente non brinda resultados diferenciais. Aquí, o paso máis importante é a aplicación da solución de carbol fucsina, que durante 5 minutos ha de se quentar cun chisqueiro ata que se produza unha emisión de vapores esbrancuxados. Non se debe deixar que ferva nin que seque o colorante sobre o portaobxectos.

Coloración en frío (Técnica de Kinyoun) Utiliza un reactivo especial que ademais de fuscina agrega unha alta concentración de fenol. O fenol disolve os lípidos das paredes celulares permitindo que o colorante primario entre en contacto cos ácidos carboxílicos e forme o complexo ácido-alcohol resistente. Esta técnica permite obter resultados diferenciais xa que non é posible a descoloración en quente. O cambio máis significativo é a aplicación de carbol fucsina durante 20 minutos sen a calor como mordente.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas http://www.microinmuno.qb.fcen.uba.ar/SeminarioTinciones.htm

Categoría:Tinguiduras histolóxicas Categoría:Técnicas microbiolóxicas