A Confederación do Rin (en alemán Rheinbund) foi o nome que recibiu a asociación de estados alemáns establecida en 1806 por Napoleón I de Francia tras conquistar este a case totalidade de Renania no marco das denominadas Guerras Napoleónicas.

Formación miniatura|esquerda|140px|Xerónimo Bonaparte, Rei de Westfalia Con anterioridade ao rei de Baviera impuxéraselle como xenro ao fillastro de Napoleón e as casas de Württemberg e Baden recibiron tamén familiares do emperador. Estes tres antigos estados transformáronse en reinos absolutistas, a pesar de que o código Napoleónico se implantou en tódolos Estados creados polo Emperador, abolíronse o feudalismo e a servidume e estabeleceuse a liberdade de culto. Foille outorgada a cada Estado unha constitución na que se concedía o sufraxio universal masculino e unha declaración de dereitos e a creación dun parlamento; foi instaurado o sistema administrativo e xudicial francés; as escolas quedaron supeditadas a unha administración centralizada e ampliouse o sistema educativo libre. Cada Estado dispuña dunha academia ou instituto destinado á promoción das artes e as ciencias, á vez que se financiaba o traballo dos investigadores.

Napoleón outorgouse a si mesmo o título de Protector da Confederación do Rin co que tivo á súa disposición un exército adicional de 60 000 soldados. A capital da Confederación estableceuse en Frankfurt am Main.

A finais de 1806 e despois da derrota de Prusia a mans de Napoleón, este creou o Reino de Westfalia, co que levou a fronteira occidental do Imperio Francés até o río Elba. Consecuencia da derrota Prusiana foi tamén a creación do Gran Ducado de Varsovia.

No seu período de máxima extensión (1808-1809), a confederación comprendía 38 estados, 360 000 km² e 15 millóns de habitantes. Ben acollida polo pobo nun principio e interpretada como un paso cara á unificación, a súa popularidade diminuíu a medida que a integración no Sistema Continental se traduciu na implantación de duras medidas económicas.

Disolución A Confederación disolveuse despois da derrota de Napoleón na Batalla de Leipzig en 1813; cada un dos estados alemáns asinou a paz e apoiou a Alianza entre Prusia, Rusia, Austria e Gran Bretaña. O Congreso de Viena (1814-1815) acordou a creación da Confederación Xermánica, que substituíu a do Rin.

Membros da Confederación 250px|miniatura|dereita|A Confederación en 1807 250px|miniatura|dereita|A Confederación en 1812 As seguintes táboas amosan os membros da confederación, coa súa data de ingreso e o número de tropas achegadas listadas entre parénteses.

Reinos Bandeira Nome Data de ingreso Notas border|20px|Baviera Baviera 1806, 12 de xullo Cofundador; antigo ducado (30.000) border|20px|Saxonia Saxonia 1806, 11 de decembro Antigo ducado (20.000) border|20px|Westfalia Westfalia 1807, 15 de novembro Creación Napoleónica (25.000) border|20px|Württemberg Württemberg 1806, 12 de xullo Cofundador; antigo ducado (12.000)

Principados Bandeira Nome Data de ingreso Notas border|20px|Hohenzollern Hohenzollern-Hechingen 1806, 12 de xullo Cofundador (4.000) border|20px|Hohenzollern Hohenzollern-Sigmaringen 1806, 12 de xullo Cofundador (4.000) 20px|border|Isenburg Isenburg 1806, 12 de xullo Cofundador (4.000) border|20px|Leyen Leyen 1806, 12 de xullo Cofundador; antigo condado ou grave (4.000) 20px|border|Liechtenstein Liechtenstein 1806, 12 de xullo Cofundador (4.000) border|20px|Lippe Lippe-Detmold 1807, 11 de abril (650) border|20px|Reuß ältere Linie Reuss-Ebersdorf 1807, 11 de abril (400) border|20px|Reuß ältere Linie Reuss-Greiz 1807, 11 de abril (400) border|20px|Reuß jüngere Linie Reuss-Lobenstein 1807, 11 de abril (400) border|20px|Reuß jüngere Linie Reuss-Schleiz 1807, 11 de abril (400) 20px|border|Imaxe perdida Salm 1806, 25 de xullo Cofundador (4.000) border|20px|Schaumburg Schaumburg-Lippe 1807, 11 de abril (650) border|20px|Schwarzburg Schwarzburg-Rudolstadt 1807, 11 de abril (650) border|20px|Schwarzburg Schwarzburg-Sondershausen 1807, 11 de abril (650) border|20px|Waldeck Waldeck 1807, 11 de abril (400)

Ducados Bandeira Nome Data de ingreso Notas border|20px|Anhalt Anhalt-Bernburg 1807, 11 de abril (700) border|20px|Anhalt Anhalt-Dessau 1807, 11 de abril (700) border|20px|Anhalt Anhalt-Köthen 1807, 11 de abril (700) 15px|Arenberg Arenberg 1806, 12 de xullo Cofundador (4.000) border|20px|Baden Baden 1806, 12 de xullo Cofundador; antigo margrave (8.000) 20px|border|Berg Berg 1806, 12 de xullo Cofundador; (2.000) border|20px|Hesse-Darmstadt Hesse-Darmstadt 1806, 12 de xullo Cofundador; antigo landgrave (4.000) 15px|Frankfurt Frankfurt 1806, 12 de xullo Cofundador; até 1810 15px|Abp Mainz Arcebispado de Maguncia border|20px|Mecklenburg Mecklemburgo-Schwerin 1808, 22 de marzo (1900) border|20px|Mecklenburg Mecklemburgo-Strelitz 1808, 18 de febreiro (400) border|20px|Nassau Nassau 1806, 12 de xullo Nassau-Usingen e Nassau-Weilburg; co-fundadores (8.000) border|20px|Oldenburgo Oldenburgo 1808, 14 de outubro (800) border|20px|Saxe-Coburg-Gotha Saxonia-Coburgo 1806, 15 de decembro (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) border|20px|Saxe-Coburg-Gotha Saxonia-Gotha 1806, 15 de decembro (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) 15px|Missing image Saxonia-Hildburghausen 1806, 15 de decembro (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) border|20px|Saxe-Meiningen Saxonia-Meiningen 1806, 15 de decembro (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) 15px|Saxe-Weimar Saxonia-Weimar 1806, 15 de decembro (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) border|20px|Würzburg Würzburg 1806, 23 de setembro Creación Napoleónica (2.000)

Véxase tamén Outros artigos Historia de Alemaña

Ligazóns externas Mapa da Confederación do Rin en 1812

Categoría:Estados desaparecidos de Europa Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Historia de Austria