Non confundir con Cloruro. alt=Clorato de calcio: fórmula e balance electrónico|miniatura|Clorato de calcio: fórmula e balance electrónicoO clorato é unha substancia derivada do radical (ClO3-), o ión trioxoclorato (nomenclatura da IUPAC). Polo tanto, calquera sal do ácido clórico HClO3. O cloro ten estado de oxidación +V.
Os cloratos son oxidantes fortes, aínda que poden ser oxidados a percloratos (substancias co radical ClO4-). Polo seu carácter oxidante e grande inestabilidade asociada a el, non se atopan na natureza.
Algúns cloratos: clorato de sodio (NaClO3) clorato de potasio (KClO3) clorato de bario (Ba[ClO3]2) clorato de amonio (NH4ClO3) clorato de estroncio (SrClO3) clorato de cromo (III) (Cr[ClO3]3) clorato de magnesio (Mg[ClO3]2)
Estrutura e ligazóns alt=Representación de diferentes estruturas resoantes do clorato.|miniatura|Representación de diferentes estruturas resoantes do clorato. O ión clorato non pode ser representado de xeito satisfactorio por unha estrutura de Lewis, pois todas as ligazóns Cl–O teñen a mesma lonxitude (1.49 Å no clorato de potasio), e o átomo de cloro é hipervalente. Non obstante, con frecuencia é presentado como un híbrido de múltiples estruturas resoantes:
Categoría:Compostos químicos