Higashihiroshima (東広島市, ひがしひろしまし, Higashihiroshima-shi) é un concello xaponés da prefectura de Hiroshima. Está situado na parte centro da prefectura e no centro da rexión de Chūgoku, na parte oeste da illa de Honshu. Ten 635,32 km² de superficie, unha poboación de 187.788 habitantes (2009), e unha densidade de poboación de 296 hab./km².

O concello de Higashihiroshima limita cos concellos de Kure, Kumano, Hiroshima, Akitakata, Miyoshi, Sera, Mihara e Takehara.

Historia A cidade de Higashihiroshima foi fundada pola fusión de catro concellos de vilas do distrito de Kamo (Saijō, Shiwa, Takaya e Hachihonmatsu) o 20 de abril de 1974.

Universidades Universidade de Hiroshima (広島大学).

Cidades irmandadas Kitahiroshima (1980).

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Higashihiroshima .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Hiroshima Categoría:Rexión de San'yō