Kawagoe (川越市, かわごえし, Kawagoe-shi) é un concello xaponés da prefectura de Saitama. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao centro-leste da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. Ten 109,16 km² de superficie, unha poboación de 338.945 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 3.110 hab./km². Kawagoe foi designada unha cidade nuclear o 1 de abril de 2003.
O concello de Kawagoe limita cos concellos de Hidaka, Tsurugashima, Sakado, Kawajima, Ageo, Saitama, Fujimi, Fujimino, Miyoshi, Tokorozawa e Sayama.
Cidades irmandadas Obama (1982). Offenbach (1983). Salem (1986). Autun (2002).
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kawagoe .
Categoría:Prefectura de Saitama Categoría:Concellos do Xapón