Xermán Roxelio Abella Chouciño, coñecido como Xelucho Abella Chouciño, nado en Malpica de Bergantiños o 19 de xuño de 1945 e finado en Ponteceso o 17 de xuño de 2024, foi un teólogo, político e escritor de literatura xuvenil galego.

Traxectoria Estudou no Seminario Hispano-Americano de Madrid e Universidade Pontificia de Salamanca. Licenciado en Teoloxía, Filosofía e Ciencias da Educación. Deu clases no Instituto de Ensino Secundario de Ponteceso.

Foi concelleiro do PSG-EG nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Obra A cidade maldita (1991) Gundar e o cabalo de oito patas (1991) As aventuras de Pelusa (1998) A ermida do diaño (1998) Fuxiron por mar (2017)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1945

Categoría:Finados en 2024

Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSG-EG