La historia oficial é unha película arxentina, protagonizada por Norma Aleandro e Héctor Alterio. Estreouse o 3 de abril de 1985 e obtivo uns cantos galardóns, entre eles o Oscar e o Globo de Ouro, ámbolos dous ao mellor filme de fala non inglesa.
Sinopse Unha profesora (Norma Aleandro) toma conciencia do ocorrido uns anos atrás durante a ditadura militar autodenominada Proceso de Reorganización Nacional. A volta dunha amiga exiliada, o descubrimento dos turbios manexos do seu home (Héctor Alterio) e a aparición dunha Avoa da Praza de Maio (Chela Ruiz) son unha bisagra na súa vida, que a levan a tomar conciencia política e a descubrir que a súa filla (Analía Castro) pode ser en realidade filla de desaparecidos.
Personaxes Héctor Alterio como Roberto Norma Aleandro como Alicia Chunchuna Villafañe como Ana Hugo Arana como Enrique Guillermo Battaglia como José Chela Ruiz como Sara Patricio Contreras como Benítez María Luisa Robledo como Nata Jorge Petraglia como Macci Analia Castro como Gaby Leal Rey como Cura Lidia Catalano como Dora Andrea Tenuta como Regina Miller
Premios 1986, Óscar á mellor película en fala non inglesa 1986, Cóndor de Prata á mellor actriz (Norma Aleandro), mellor fotografía (Félix Monti), mellor director (Luis Puenzo), mellor montaxe (Juan Carlos Macías), mellor película, mellor revelación feminina (Analia Castro), mellor guión orixinal (Aída Bortnik e Luis Puenzo), mellor actor secundario (Patricio Contreras), mellor actriz secundaria (Chela Ruiz). 1985 Festival Internacional de Cinema de Toronto: People's Choice Award (premio do público) (Luis Puenzo) 1985 New York Film Critics Circle Awards: mellor actriz (Norma Aleandro) 1985 Los Angeles Film Critics Association Awards: mellor película estranxeira 1985 Festival Internacional de Cannes: premio do xurado ecuménico (Luis Puenzo), mellor actriz (Norma Aleandro) 1985 Festival Cinematográfico Internacional de Cartagena: mellor actriz (Norma Aleandro) 1986 Golden Globes: mellor película estranxeira 1986 Festival Internacional de Cine de Berlín: Premio Otto Dibelius 1986 Kansas City Film Critics Circle Awards: mellor película estranxeira 1987 David di Donatello Awards: mellor actriz estranxeira (Norma Aleandro)
Outras candidaturas 1985 Premios Óscar: mellor guión (Aída Bortnik e Luis Puenzo) 1985 Festival Internacional de Cannes: Palma de Ouro 1987 Premios Sant Jordi: mellor actriz estranxeira (Norma Aleandro)
Véxase tamén Outros artigos Filmes da Arxentina propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 58ª edición dos Óscar Ligazóns externas La historia oficial
Categoría:Filmes de 1985 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes da Arxentina Categoría:Filmes dirixidos por Luis Puenzo Categoría:Filmes rodados en Buenos Aires Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Óscar ó mellor filme internacional