Rolling Stone é unha revista estadounidense dedicada á música e a cultura popular. Edítase dende 1967 e ademais de ter a súa edición norteamericana quincenal, posúe varias edicións estranxeiras mensuais, repartidas en distintos países do mundo, coas cales a revista permite dar unha ollada máis local á música. Foi fundada en San Francisco por Jann Wenner (que aínda é o editor xefe da revista) e o crítico musical Ralph J. Gleason.

A revista foi coñecida inicialmente pola súa cobertura da música rock e as reportaxes políticas de Hunter S. Thompson. Nos anos 90 a publicación ampliouse e cambiou o seu enfoque cara un público de lectores máis novos interesados en programas de televisión, actores de cine e música popular. Desde entón volveu á súa mestura tradicional de contidos, incluíndo música, entretemento e política.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Rolling Stone

Categoría:Revistas dos Estados Unidos de América Categoría:Revistas de música Categoría:Revistas en lingua inglesa