Manuel Antonio Torre Iglesias, máis coñecido como Manuel Torreiglesias, nado en Pontedeume o 16 de marzo de 1941 e finado na comunidade de Madrid o 19 de maio de 2025, foi un xornalista e escritor galego. Traxectoria Estudou para mestre e logo licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca. Mudouse a vivir a Madrid e en 1964 entrou a traballar en Televisión Española como axudante de realización no programa concurso Cesta y puntos, emitido polo primeiro canal, daquela o principal dos dous canais de televisiín que había.
Posteriormente traballou na radio (Radio Nacional de España) en programas como En familia ou Tiempo de vivir. En 1974 pasou a dirixir e presentar un programa de divulgación e saúde, Escuela de salud, o tema que se converterá no centro da súa traxectoria televisiva para o resto da súa carreira profesional.
Nos anos oitenta realizaría programas de debate e denuncia sobre temas de actualidade social: Voces sin voz (1981-1982) e Usted, por ejemplo (1984), ambos en TVE. A principios de 1990 presentou diversos programas na Televisión de Galicia e na Radio Galega, como Boa saúde ou Meigas fóra, centrados en temas de saúde e de divulgación.
Saber Vivir A partir de 1996 regresou a Televisión Española para dirixir e presentar o programa Saber Vivir, outra emisión de saúde. A súa grande audiencia nas mañás (con máis dun 25% de share e máis de medio millón de espectadores"No he cogido ni un duro de nadie" , Ver tele, 8/5/09) permitiulle desenvolver unha ampla gama de produtos paramédicos e publicacións asociadas ao espazo. O 7 de maio de 2009, logo de doce anos de dirección ininterrompida, presentou o seu espazo por última vez. RTVE rescindiu o seu contrato nese momento de forma imprevista, acusándoo de fraude na xestión publicitaria do programa.
Tamén traballara en medios escritos con colaboracións de divulgación e entrevistas, como en Muy interesanteBARROSO, Julio, Famosos al descubierto: 45 perfiles, Madrid:Ediciones Nowtilus, 2005. Logo do seu paso por TVE tamén presentou espazos noutras cadeas, como a ultradereitista Intereconomía.
Falecemento Nos últimos anos da vida padeceu unha enfermidade nefrolóxica, o que o obrigaba a dializarse, e necesitaba dun transplante de riles que nunca se produciu. Morreu na Comunidade de Madrid, e foi velado no tanatorio de Alcobendas.
Vida persoal Foi discreto coa súa vida persoal e non fixo público ter parella nin non tela.
Obra Mayores con salud (1999) Comida Sana (2000) Para ir como un reloj: Adiós al estreñimiento (2003) Gran Guía de la salud (2004) Para salir de dudas (2005) Fibromialgia: Cuando el dolor se convierte en enfermedad (2005)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Presentadores de televisión de Galicia Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1941 Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Finados en 2025 Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia