miniatura|left|Encoro de Katse, que fornece auga a Suráfrica. A economía de Lesotho depende de envío de diñeiro feito por cidadáns do país no estranxeiro (especialmente nas minas de Suráfrica) e de dereitos aduaneiros para a maior parte dos ingresos gobernamentais. Con todo, o goberno recentemente mellorou o seu sistema de impostos para reducir a dependencia das taxas aduaneiras.

O 1998 foi inaugurada unha hidroeléctrica que posibilita a venda de enerxía e auga a Suráfrica. O país produce 90% da enerxía que necesita. A pequena industria do país é baseada na transformación dos produtos agrícolas e na confección de roupas. Esta última beneficiouse da cualificación do país para recibir os beneficios do Africa Growth and Opportunity Act do goberno norteamericano.

Notas