Santo Domingo é un lugar da parroquia de Sanguiñedo, no concello pontevedrés de Dozón, na comarca do Deza. Segundo o INE, en 2008 tiña 30 habitantes (16 homes e 14 mulleres), o que supón unha diminución de 2 habitantes con respecto ao ano 2000. Toponimia

O topónimo Santo Domingo é un haxiotopónimo castelanizado referido a Domingos de Guzmán, e débese á presenza do lugar dunha capela baixo dita advocación, xunto ao Camiño de Santiago da Prata.

Lugares e parroquias Lugares de Sanguiñedo

Parroquias de Dozón

Categoría:Lugares de Dozón