Tholen é un concello e unha cidade ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia. A municipalidade recibe o nome da cidade de Tholen que é a máis populosa do concello.

A municipalidade consiste en dúas penínsulas, antigamente illas, a máis grande ao sur, Tholen, e a máis pequena ao norte chamada Sint Philipsland. As dúas están separadas por un antigo estreito, agora Baía de Krabbenkreek.

O municipio está bordeado ao leste polo Eendracht, antigamente unha rama do río Escalda, mais agora parte da Canle Escalda-Rin, atravesada por tres pontes; polo estuario de Oosterschelde polo sur, o estreito de Keeten-Mastgat ao oeste e o estreito de Krammer cara ao norte. Xeografía

Demografía

Núcleos de poboación Na illa de Sint Philipsland hai tres vilas: Sint Philipsland (2.300 habitantes) Anna Jacobapolder (430 habitantes) De Sluis (asentamento rural)

Na illa de Tholen hai sete núcleos de poboación: Oud-Vossemeer (2.709 habitantes) Poortvliet (1.722 habitantes) Scherpenisse (1.785 habitantes) Sint Annaland (3.348 habitantes) Sint Maartensdijk (3.533 habitantes) Stavenisse (1.716 habitantes) Tholen (7.653 habitantes)

Galería

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Cidades dos Países Baixos Categoría:Concellos de Zelandia