Gerard (Gerardus) 't Hooft, nado en Den Helder o 5 de xullo de 1946, é un físico holandés. Traxectoria O seu traballo en física teórica na Universidade de Utrecht foi recoñecido co premio Nobel de Física do ano 1999.Autobiografía Os seus principais méritos consistiron en elucidar a estrutura cuántica da interacción electrodébil na física de partículas.

Tamén realizou importantes contribucións na teoría das variables ocultas, establecendo que é posible unha mecánica cuántica determinista mediante aplicacións de autómatas celulares nunha teoría cuántica de campos discreta.Classical cellular Automata and Quantum Field Theory, Gell-Mann Symposium, Singapur, febreiro 2010, Int. J. Mod. Phys. A25, no 23 (2010) 4385-4396, ITP-UU-10/24, spin-10/21.

O asteroide 9491 Thooft, para cuxos futuros habitantes escribiu unha constitución, é chamado así na súa honra.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Autobiografía .

Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1946 Categoría:Físicos dos Países Baixos Categoría:Nados en Den Helder Categoría:Premios Nobel dos Países Baixos