Enodio de Pavia (en latín, Magnus Felix Ennodius), nado en 473 en ArlesSánchez (2007), p. 8 (Galia) e finado o 17 de xullo de 521 en Pavia, foi un relixioso e escritor latino da época final do Imperio Romano, recoñecido como santo pola Igrexa católica, a súa festa celébrase o 17 de xullo, e tamén foi recoñecido como Pai da Igrexa. Traxectoria Os visigodos confiscaron o patrimonio familiar e perdeu de moi novo a seus pais polo que marchou a Pavia ou Milán, na Italia setentrional, onde foi educado por unha tía. Dedicado á relixión, entrou nun convento e no 511 era bispo de Pavia. No 514 o papa Hormisdas I enviouno a Constantinopla xunto con outros bispos para combater os avances da herexía eutiquiana, pero non vai ter éxito porque o emperador apoiaba as teses eutiquianas. Volveu o 517 xunto con Peregrino, bispo de Misenum levando unha confesión de fe que as igrexas orientais habían de subscribir pero o emperador Anastasio I vainos botar fóra nun navío en mal estado coa prohibición de tocar terras do Imperio, aínda así conseguiu chegar a lugar seguro e volver á súa diocese onde morreu o 17 de xullo de 521.
Obras Epistolarum ad Diversos Libri IX. Colección de 497 cartas. Panegyricus Theodorico regi dictus. Discurso dirixido ao rei Teodorico o Grande, probablemente o 507, unha das principais fontes do reinado deste rei. Libellus adversus eos qui contra synodum scribere praesumserunt (503). Vita beatissimi viri Epiphanii Ticinensis episcopi. Biografía de San Epifanio, o seu predecesor na sede de Pavia, morto o 496. Vita beati Antonii monachi Livinensis. Eucharisticum de vita. Paraensis didascalica ad Ambrosium et Beatum. Praeceptum de cellulanis episcoporum. Petitorium quo Gerontius puer Agapiti absolutus est. Cerei paschalis benedictiones duae. Orationes (28 declamacion, 6 sacrae, 7 scholasticae, 10 controversias, e 5 ethicae). Carmina. Colección de poemas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Bispos entre 451 e 1054 Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados en 473 Categoría:Finados en 521 Categoría:Nados no departamento de Bocas do Ródano