Ben falado! é un microespazo divulgativo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal. Emítese na Televisión de Galicia. A primeira entrega constou de 250 programas durante 2008-2009 e despois emitiunos Correo TV, e a segunda entrega consta de 230 programas que comezaron a emitirse o 7 de xuño de 2010.Ficha técnica CRTVG. Tamén se editou un DVD con 82 capítulos da primeira entrega."Política Lingüística edita en DVD o programa televisivo ‘Ben falado!’, que busca achegar a lingua galega á sociedade" S.X.P.L. 17/11/09.
Obxectivos O programa Ben falado! permite ao telespectador acceder a diversas cuestións lingüísticas: Explicacións de apelidos e topónimos. Curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas. Sentido de ditos e refráns. A lingua na actualidade: nas escolas, nos institutos, nos movementos xuvenís, nas empresas ou na propia Internet. Evolución histórica da lingua. A lingua de hoxe nun contexto internacional: novas tecnoloxías como a tradución automática, a síntese de voz, o mundo dos blogs, o Puntogal, as televisións escolares en galego etc.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lei de normalización lingüística
Ligazóns externas Ben Falado, programa 1: orixe do topónimo Galicia/Galiza
Categoría:Programas culturais da TVG