Xosé Agrelo Hermo, máis coñecido como Pepe Agrelo, nado en Vilanova (Barro, Noia) o 10 de abril de 1937 e finado en Santiago de Compostela o 21 de novembro de 2006, foi un escritor galego.

Traxectoria Aos dez anos marchou para o Seminario de Santiago, e aos vinte e un, a punto de facerse sacerdote, abandonou e marcha a Madrid. Desempeñou diversos traballos e regresou a Noia, para facerse mestre. Impartiu aulas en Boiro, Outes, Torea, Esteiro e no IES As Insuas de Muros, onde foi director.

O seu afán de dinamización cultural e a súa vocación teatral levárono ao teatro escolar e afeccionado. Fundou e dirixiu os grupos teatrais: Talía de Noia (1962-66), Candea de Noia (1973-80), Agrocovo Teatro Infantil (1975-98), Xestruxo de Esteiro (1982-86) e O Xeito de Esteiro (2004).

Foi redactor xefe da revista Barbanza (1988-90), director de A Motora (1993), do comité de redacción da revista Alameda e director de publicacións da Editorial Toxosoutos.

Foi candidato ao Senado polo BN-PG en 1977 e ao Congreso en 1979, e concelleiro en Muros polo BNG de 1979 a 1987.

Está soterrado en Barro (Noia), a súa parroquia natal.

Obras Narrativa O espantapaxaros, 1972.

Teatro O mestre, 1989. Metá e metá, 1989. Noite de lobos, 1989, escrito en 1975.

Ensaio O xogo dramático (de, con, por, para nenos), 1990. A freguesía de Santa Cristina de Barro, 1996. Avilés de Taramancos, 2002. Derrota e singraduras do Joaquín Vieta, 2005.

Literatura infanto-xuvenil Os sete coitelos, 1994, Toxosoutos. Rumbo ao Maluco, 2003.

Obras colectivas Noia. Porto de Compostela, 2002. Banda deseñada. Foi traducida ao castelán.

Premios Concurso de redacción en lingua galega do Facho no 1970, por Noia. 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1971, por O espantallo. Premio Certame de Relato de Aventuras Avilés de Taramancos por Rumbo ao Maluco.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Concelleiros de Muros

Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2006 Categoría:Profesores Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Dramaturgos do século XX