Laura Restrepo Casabianca, nada en Bogotá en 1950, é unha escritora colombiana.

Traxectoria Graduouse en Filosofía e Letras na Universidade dos Andes e posteriormente fixo un posgrao en Ciencias Políticas. Foi profesora de Literatura na Universidade do Rosario. Dedicouse á política e ao periodismo. Compaxinou a militancia política coas súas actividades como escritora e xornalista, sendo nomeada en 1983 membro da comisión negociadora da paz entre o goberno e o grupo guerrilleiro M-19. En 2004 foi nomeada directora do Instituto de Cultura e Turismo de Bogotá, mais renunciou pouco despois tras ser galardoada co Premio de Novela Alfaguara.

Publicacións Historia de un entusiasmo (1986). La isla de la pasión (1989). Las vacas comen espaguetis (1989). Literatura infantil. En qué momento se jodió Medellín (1991). Ensaio. Leopardo al sol (1993). Otros niños (1993). Ensaio Dulce compañía (1995). La novia oscura (1999). La multitud errante (2001). Olor a rosas invisibles (2002). Delirio (2004).

En colaboración Once ensayos sobre la violencia (1985). Operación Príncipe (1988). Xornalismo. Del amor y del fuego (1991). Ensaio.

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Escritores en lingua castelá

Categoría:Escritores de Colombia