Sagamihara (相模原市, さがみはらし, Sagamihara-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kanagawa. Está situado ao sur da rexión de Kanto e ao norte da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. Ten 328,84 km² de superficie, unha poboación de 710.336 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 2.160 hab./km².

O concello de Sagamihara limita cos concellos de Yamakita, Kiyokawa, Aikawa, Atsugi, Zama, Yamato (que son da prefectura de Kanagawa); de Machida, Hachiōji, Hinohara (que son da prefectura de Tokyo); de Uenohara e Dōshi (que son da prefectura de Yamanashi).

A cidade de Sagamihara converteuse o 1 de abril de 2010 nunha cidade designada por mandato gobernamental.

División administrativa O concello de Sagamihara divídese en 3 barrios (ku, 区): Chūō-ku (中央区, ちゅうおうく) Midori-ku (緑区, みどりく) Minami-ku (南区, みなみく)

Demografía

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Sagamihara .

Categoría:Prefectura de Kanagawa Categoría:Concellos do Xapón