miniatura|300px|Caricatura de 1902 que mostra un oficial de policía cos ollos cubertos por un pano coa palabra "subornos".
Corrupción é o mal uso por parte dun funcionario da súa autoridade e dos dereitos que se lle confían, así como a autoridade relacionada con ese estado oficial, oportunidades, conexións para beneficio persoal, contrario á lei e os principios morais. En moitos países, a corrupción é punible por lei. Etimoloxía "Corrupción" procede do vocábulo latino corruptione,FERREIRA, A. B. H. Novo dicionário da língua portuguesa. 2ª edición. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 486. composto polas palabras cor (corazón) e rupta (quebra).
Escalas de corrupción miniatura|300px|Cartel en Zambia que pide ao público que "diga non á corrupción". Stephen D. Morris,Morris, S.D. (1991), Corruption and Politics in Contemporary Mexico. University of Alabama Press, Tuscaloosa profesor de política, di que a corrupción política é o uso ilexítimo do poder público para beneficiar un interese privado. O economista Ian SeniorSenior, I. (2006), Corruption – The World’s Big C., Institute of Economic Affairs, Londres define a corrupción como unha acción para fornecer secretamente un ben ou un servizo a un terceiro para que el ou ela poida influenciar determinadas accións que beneficien o corrupto, un terceiro ou ambos en que o axente corrupto ten autoridade. Daniel Kaufmann, economista do Banco Mundial, estende o concepto para incluír a "corrupción legal", en que o poder é abusado dentro dos límites da lei: aqueles con poder xeralmente teñen a capacidade de facer leis para a súa protección. O efecto da corrupción na infraestrutura é aumentar os custos e o tempo de construción, diminuír a calidade e diminuír o beneficio.
A corrupción pode ocorrer en diferentes escalas. A corrupción varía de pequenos favores entre un pequeno número de persoas (pequena corrupción), á corrupción que afecta o goberno en grande escala (gran corrupción) e á corrupción que é tan prevalente que forma parte da estrutura cotiá da sociedade, incluíndo a corrupción como un dos síntomas do crime organizado.
Pequena corrupción A pequena corrupción ocorre nunha escala menor e ocorre no final da implementación dos servizos públicos cando os funcionarios públicos se encontran co público. Por exemplo, en moitos lugares pequenos, como oficinas de rexistro, comisarías de policía e moitos outros sectores privados e gobernamentais.
Gran corrupción A gran corrupción defínese como a corrupción que ocorre nos niveis máis altos do goberno dunha maneira que require unha subversión significativa dos sistemas políticos, legais e económicos. Tal corrupción encóntrase comunmente en países con gobernos autoritarios ou ditatoriais, mais tamén naqueles que non posúen unha investigación axeitada da corrupción.
O sistema gobernamental en moitos países está dividido en pólas (poder lexislativo, executivo e xudicial) na tentativa de fornecer servizos independentes menos suxeitos á gran corrupción debido á súa independencia un do outro.
Corrupción sistémica Corrupción sistémica ou corrupción endémica é a corrupción debida principalmente ás fraquezas dunha organización ou proceso. Pode manifestarse con funcionarios ou axentes individuais que actúan de forma corrupta dentro do sistema.
Factores que incentivan a corrupción sistémica inclúen o conflito de intereses, os poderes discrecionais (isto é, sen límites), os poderes monopolísticos, a falta de transparencia, os baixos salarios e unha cultura da impunidade. Os actos específicos de corrupción inclúen o suborno, a extorsión e o desfalco nun sistema en que "a corrupción se torna a regra e non a excepción". Os estudosos distinguen entre corrupción sistémica centralizada e descentralizada, dependendo de que nivel de corrupción estatal ou gobernamental ocorre; en países como os estados pos-soviéticos ocorren ambos os tipos.
Algúns estudosos argumentan que existe un deber dos gobernos occidentais de loitar contra a corrupción sistémica dos gobernos dos países subdesenvolvidos.
Tipos de corrupción Unha das formas máis comúns en que se poden clasificar as corrupcións é a división entre corrupción activa e pasiva. A corrupción activa ocorre cando se ofrece unha vantaxe indebida a un funcionario público en troques dalgún beneficio. Por outra banda, a corrupción pasiva só pode ser practicada polo funcionariado público. O simple feito de ofrecer unha proposta ilícita é o suficiente para caracterizar o crime, non sendo necesario que o outro acepte.
A expresión "corrupción sistémica" emprégase cando a práctica da corrupción se torna xeneralizada e abrangue diversos sectores da sociedade, principalmente o goberno e as grandes empresas, de forma que a práctica se torne rutineira ou normal. Noutras palabras, é cando a corrupción se converte en parte do sistema.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Éric Alt, Irène Luc, La lutte contre la corruption, collection Que-sais-je ?, Presses Universitaires de France, 3258, 1997. Robert Klitgaard. Controlling Corruption University of California Press 978-0-520-91118-5 Diccionario razonado de legislación y jurisprudencia, Joaquín Escriche, 1847 Outros artigos Corrupción política Convención das Nacións Unidas contra a Corrupción Ligazóns externas Texto da convención das Nacións Unidas contra a corrupción (UNCAC)
Categoría:Corrupción