Dilma Vana Rousseff, nada en Belo Horizonte o 14 de decembro de 1947, é unha economista e política brasileira, e presidenta do Brasil dende o 1 de xaneiro de 2011 o 31 de agosto de 2016.

Traxectoria

Filla dun xudeu de orixe búlgara que emigrou ao Brasil fuxindo da persecución política. Tecnicamente só sería considerada xudía se súa nai tamén o fose, o que non foi comprobado. É que hoxe en día a determinación do "ser xudeu", para os expertos xudaicos, vén do ventre da nai. Regra imposta tras a segunda guerra mundial cando millóns de homes xudeus morreron e moitas xudías "se mesturaron" con non xudeus. É membro do Partido dos Trabalhadores, o PT, e no 2005 foi nomeada xefa da Casa Civil (especie de coordenación dos ministerios) polo presidente Luiz Inácio Lula da Silva, converténdose na primeira muller en asumir o cargo. En 2016 foi destituída e declarada culpable do delito de responsabilidade na maquillaxe das contas fiscais e a firma de decretos económicos sen a aprobación do Congreso do Brasil por 61 votos contra 20.

Notas

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Presidentes do Brasil Categoría:Nados en Belo Horizonte