Colegas é unha película dramática española de 1982 escrita e dirixida por Eloy de la Iglesia, e protagonizada por Antonio Flores, Rosario Flores e José Luis Manzano. Foi filmada en Madrid e estreada o 25 de outubro de 1982 en España.
Resumo do argumento Antonio (Antonio Flores) e Rosario (Rosario Flores) son dous irmáns que viven na periferia de Madrid. Xunto con José (José Luís Manzano), amigo de Antonio e noivo de Rosario, os tres deben de enfrontarse diariamente á dificultade de atopar un emprego dado a súa humilde orixe.
Sempre enredados coas drogas a situación complícase cando José deixa embarazada a Rosario, que non quere dicir nada aos seus pais, xa que estes non ven con bos ollos a relación de parella que mantén con José. Xuntos deciden que o mellor é abortar e para iso pídenlle axuda a Antonio. O problema é que non teñen diñeiro e terán que conseguilo rapidamente. Neste momento empezan unha serie de desventuras, e, aconsellados por un amigo, Antonio e José deciden prostituírse nunha sauna. Aínda así non conseguen o diñeiro e póñense en contacto cun traficante de drogas, Rogelio (Enrique San Francisco), que lles propón un traballiño a cambio dunha suculenta suma de diñeiro. Inconscientes do enredo no que se meten e pensando que a tarefa é fácil de levar a cabo, José e Antonio aceptan a oferta.
Personaxes Antonio Flores — Antonio Rosario Flores — Rosario José Luis Manzano — José José Manuel Cervino — Esteban Queta Ariel — Herminia Francisco Casares — Pai de Antonio Isabel Perales — Nai de José José Luis Fernández "Pirri" — Pirri Ricardo Márquez — Sebas Luis Romero — Colza Omar Butler — Homosexual 1º Tony Valento — Homosexual 2º Antonio Betancourt — Camareiro Bárbara Moya — Elvira Pedro Nieva Parola — Parola Enrique San Francisco — Rogelio
Galardóns Gran Premio Internacional á Mellor Película no Festival de Tomar de 1982.
Categoría:Filmes de 1982 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España