Flocos.tv foi unha páxina web posta en marcha pola Axencia Audiovisual Galega, baixo o patrocinio de Manolo González e Xurxo González, na que se albergaba unha boa mostra do audiovisual feito en Galicia, tanto por profesionais coma por afeccionados. O seu antecesor, teutubo.tv, presentouse no marco do Festival Play-Doc de Tui. Flocos.tv comezou a funcionar o 12 de decembro de 2008 con vinte e cinco curtametraxes,"Nace Flocos.tv, o portal para difundir producións galegas", artigo en La Voz de Galicia, 9 de decembro de 2008. e chegou a recompilar máis de trescentas producións,327 o 17/05/2009. entre curtas, mediametraxes e longametraxes. A finais de febreiro de 2011 pechouse a páxina.

En marzo de 2012 volveu abrir, esta vez so o nome de Canle.tv, nun novo enderezo web,Enderezo web actual: http://canletv.agadic.info/ e dirixido desde a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), que fora creada en 2008 para substituír a Axencia Audiovisual Galega.

Rede social Ademais de ver os vídeos, era posible rexistrarse coma usuario para comentar e seleccionar as obras favoritas. O seu funcionamento era o dunha rede social,O audiovisual galego xa ten a súa rede social co ánimo de promover a interacción entre os usuarios, así coma a súa difusión noutras redes coma Facebook, Chuza ou MySpace. Esta actividade reflectíase nunha listaxe que recollía as obras máis vistas, máis comentadas, e as que máis xente seleccionou coma favoritas. A páxina recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor obra interactiva na súa edición do 2008.Gañadores dos Premios Mestre Mateo

Seccións Ficción. Animación Documental Experimental Adiantos, onde se anunciaban as próximas películas que se ían a colgar na páxina

Notas

Véxase tamén Outros artigos A Navalla Suíza Ligazóns externas https://web.archive.org/web/20160316185645/http://canletv.agadic.info/ Enderezo web actual.

Categoría:Audiovisual galego Categoría:Redes sociais