Miyakonojō (都城市, みやこのじょうし, Miyakonojō-shi) é un concello da prefectura de Miyazaki no Xapón. Está situado na parte leste da rexión de Kyūshū e ao sur da prefectura, na illa de Kyūshū. Ten 653,31 km² de superficie, unha poboación de 158.235 habitantes (2023) e unha densidade de poboación de 240 h/km².

O concello de Miyakonojō limita cos concellos de Takaharu, Nojiri, Miyazaki, Mimata, Nichinan, Kushima (que son da prefectura de Miyazaki); Sibushi, Soo e Kirishima (que son da prefectura de Kagoshima).

Xeografía Miyakonojō está situada no extremo suroeste da prefectura de Miyazaki, na conca de Miyakonojō, aproximadamente a 50 km ao oeste-suroeste da cidade de Miyazaki e aproximadamente a 90 km ao leste-nordeste da cidade de Kagoshima. As partes norte, oeste e sur da cidade limitan coa prefectura de Kagoshima. O río Ōyodo flúe aproximadamente de norte a sur polo centro da cidade, e a cidade está rodeada polos montes Kirishima ao oeste e polos montes Wanizuka ao leste. miniatura|400x400px|Miyakonojō vista desde Kanemidake miniatura|400x400px|Oficina municipal de Miyakonojō

Concellos lindeiros Prefectura de Kagoshima

Kirishima Shibushi Soo

Prefectura de Miyazaki

Kobayashi Kushima Mimata Miyazaki Nichinan Takaharu

Clima Miyakonojō ten un clima subtropical húmido (Cfa) pero máis frío ca outras cidades da prefectura. Presenta unha temperatura media de 16,8 °C e unha precipitación anual de 2.694 mm. O clima da área está influenciada polos montes.

Demografía Segundo os datos do censo xaponés, Miyakonojō ten 160.392 habitantes no 2020. A poboación mantense estable desde os anos 50.

Historia A área de Miyakonojō formaba parte da antiga provincia de Hyūga. En 1026, preto do final do período Heian, alí atopábase a propiedade de Shimazu, o maior shōen (propiedade ou mansión) do Xapón medieval. Expandiuse substancialmente na primeira metade do século XII e acabou por abarcar grandes porcións das provincias de Satsuma, Ōsumi e Hyūga. En 1185, Koremune no Tadahisa foi nomeado jitō da propiedade e adoptou o nome da mansión, fundando así o clan Shimazu. A área estaba gobernada polo clan Hongō, unha rama cadete dos Shimazu, no período Muromachi e, cun kokudaka de 40.000 koku, era o maior dos territorios autónomos dentro do dominio de Satsuma no período Edo. Tras a Restauración Meiji, a cidade de Miyakonojō estableceuse o 1 de maio de 1889 coa creación do sistema de municipios modernos. Foi elevada á categoría de cidade o 1 de abril de 1924.

O 1 de xaneiro de 2006 as vilas de Takajō, Takazaki, Yamada e Yamanokuchi incorporáronse a Miyakonojō.

Goberno Miyakonojō ten unha forma de goberno de alcalde-consello cun alcalde elixido directamente e un consello municipal unicameral de 29 membros. Miyakonojō achega seis membros á Asemblea Prefectural de Miyazaki. En termos de política nacional, a cidade forma parte do distrito 1 de Miyazaki da cámara baixa da Dieta do Xapón.

Economía Moitos dos cidadáns traballan como granxeiros. Producen gobō, pementos e carne. Miyakonojō tamén alberga manufactura agraria.

Miyakonojō tamén é coñecida por producir arcos xaponeses co bambú abundante da zona.

Educación Miyakonojō ten 35 escolas primarias públicas e 19 escolas secundarias públicas xestionadas polo goberno da cidade. A cidade ten seis institutos públicos xestionados pola Xunta de Educación da Prefectura de Miyazaki. Tamén hai dous institutos privados. A prefectura xestiona dúas escolas de educación especial para persoas con discapacidade.

Transporte

Ferrocarril JR Kyushu - Liña Principal Nippō - Liña Kitto -

Cidades irmandadas

Jianglin, Chongqing, China (1999) Ulán Batór, Mongolia (1999)

Notas

Categoría:Kyūshū Categoría:Concellos do Xapón