A estación de montaña de Manzaneda, tamén coñecida como Cabeza de Manzaneda é unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva situada no Macizo Galaico, entre os concellos de Manzaneda e A Pobra de Trives.

Descrición miniatura|Manzaneda en inverno. É unha das estacións de esquí máis occidentais de Europa. Está orientada ao goce dun esquí familiar e tranquilo. Neste centro de lecer, arrodeado dunha paisaxe de montes arborados, destaca a diversidade de actividades que se poden realizar, tanto no inverno coma no verán.

Servizos miniatura|esquerda|Estación de Manzaneda. Inverno Manzaneda, creada na segunda metade da década de 1960, é a primeira estación de esquí de Galicia. Dispón das seguintes instalacións e servizos: 16 pistas homologadas de esquí alpino de diversas dificultades e de esquí de fondo Snow Park (XabaPark) con diferentes módulos 4 telesquís e dúas telecadeiras de catro e seis prazas, que permiten desprazar 7.600 esquiadores/hora Piscina climatizada con sauna e hidromasaxe Escola de esquí Alugueiro de material de esquí e snowboard

Verán Manzaneda é un resort con instalacións aptas para a práctica de diferentes disciplinas deportivas estivais en altura. Dispón das seguintes instalacións e servizos: Pavillón polideportivo de máis de 1.000 metros cadrados Zona húmida con piscina cuberta de 25 metros e seis estaxes, sauna finlandesa e hidromasaxe Rocódromo exterior con cinco vías e unha travesía Picadeiro para a aprendizaxe e paseos a cabalo Circuíto de karts Campo de golf rústico de 6 buratos Campo de fútbol con medidas regulamentarias e campo de fútbol 7, ambos de herba Tiro con arco Canchas de tenis Pistas de footing e sendeirismo sinalizadas, que discorren polo medio do bosque na contorna da estación Parque multiaventura Alugueiro de quads e de BTTs

Instalacións hostaleiras Para gozar destas instalacións Manzaneda ofrece: Máis de 400 prazas de aloxamento no seu apartahotel e o seu albergue turístico (Bungalows) O restaurante á carta "Os Arandos" e o restaurante autoservizo "Manzaneda", que ofrecen gastronomía local con produtos da zona Cafeterías, disco-pub, tendas, enfermaría e centro de primeiros auxilios

Bike Park Manzaneda conta cun dos mellores Bike Park de España. Consta de seis pistas balizadas que discorren polo bosque, con obstáculos naturais e artificiais: bumps, pasarelas de madeira, saltos, lousas e trialeiras deseñados para todos os niveis, asistidas pola telecadeira de seis prazas e con eventos especiais durante os veráns como "A Avalancha", un descenso de máis de 1.100 metros de desnivel en 16 km de percorrido.

Véxase tamén Ligazóns externas Estación de Montaña Manzaneda Páxina non oficial da estación de esquí Páxina oficial da escola de esquí Manzaneda Guía da estación

Manzaneda