O World Wide Web Consortium (W3C, "Consorcio da Rede Mundial") é unha organización creada por Tim Berners-Lee que agrupa a organizacións, actualmente unhas 500, interesadas en dar soporte e definición aos estándares en Internet. O consorcio adminístrano conxuntamente o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) o European Research Consortium for Informatics and Mathematics, con sede en Francia, e a Universidade de Keio no Xapón.

O consorcio é a principal organización en relación cos padróns para a World Wide Web. Organízase como un consorcio no que cada membro mantén persoal a tempo completo co obxectivo de traballar en común no desenvolvemento de padróns para a W3.

O consorcio está dirixido por Tim Berners-Lee, principal autor do URL orixinal, o protocolo HTTP e as especificacións da linguaxe HTML, as principais tecnoloxías que constitúen os alicerces da Rede Mundial.

Padróns Padróns W3C/IETF (sobre o conxunto de protocolos Protocolo de Internet):

CSS CGI DOM RDF SVG SOAP SMIL SRGS SSML                VoiceXML WSDL XHTML XML XML Information Set XML Schema XPath XQuery XSLT

Véxase tamén

Outros artigos Amaya Ligazóns externas World Wide Web Consortium - Páxina do World Wide Web Consortium.

Categoría:Internet Categoría:Telecomunicacións