O termo kilo significa 1000 en grego, polo que se utiliza como prefixo para as unidades do Sistema Internacional. En galego o prefixo escríbese quilo-, polo que as unidades que están compostas con este prefixo conservan esta grafía (quilogramo, quilómetro). Con todo, a abreviación destas unidades é un símbolo internacional, e polo tanto é igual para tódalas linguas (en minúscula e sen punto: kg, km). A abreviación quilo úsase habitualmente coma forma curta para quilogramo. Quilo, con outra etimoloxía, é tamén a comida totalmente dixerida con contido graxo que se encontra no intestino e é absorbida nos vasos linfáticos.

Kilo pode referirse tamén a : Kilo, Finlandia, un distrito de Espoo, Finlandia. KILO, unha canle de radio de Colorado. submarino clase Kilo, o nome asignado pola OTAN a un tipo de submarinos rusos. Kilo Ali, tamén coñecido coma Kilo, un rapeiro de Atlanta, Xeorxia. Kilo, coloquialmente unha proba contra o reloxo de ciclismo de 1 km. Kilo, a letra K no alfabeto fonético da OTAN.

Véxase tamén Outros artigos quibi-

he:תחיליות במערכת היחידות הבינלאומית#קילו