Deran Sarafian, nado nos Ánxeles o 17 de xaneiro de 1968, é un actor e director tanto de cinema como de televisión estadounidense.
Traxectoria Sarafian é un habitual dirixindo a serie da FOX como House, da que é produtor executivo dende a tempada 2007 - 2008. Tamén ten dirixido episodios de Lost, CSI (Las Vegas, Miami e Nova York) Cold Case, The District, Without a Trace, Buffy the Vampire Slayer e Nash Bridges.
Sarafian é fillo do director de cine, Richard C. Sarafian e irmán de Tedi Sarafian, Damon B. Sarafian e Richard Sarafian, Jr. Está casado coa actriz Laurie Fortier, coa que ten dous fillos.
Filmografía selecta Director Trapped (2001), película para televisión Road Rage (1999), película para televisión Terminal Velocity (1994) The Road Killers (1994) Gunmen (1994) Back in the U.S.S.R. (1992) Death Warrant (1990) To Die For (1989) Alien Predator (1987) Interzone (1987) House, serie de televisión Lost, serie de televisión
Actor Gunmen (1994) como o Bishop Zombi 3 (1988) como Ken Interzone (1987) 10 to Midnight (1983) como Dale Anders''
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de Lost Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1958