Eduardo Aldán, nado en Portugalete o 28 de xuño de 1973Ficha na IMDb., é un humorista, actor e presentador de televisión, famoso pola súa participación coma guionista e monologuista no Club de la Comedia.

Traxectoria Licenciado en Belas Artes na rama Audiovisual, pertenceu durante a súa xuventude a un grupo de música e a un grupo de teatro na súa localidade natal. Posteriormente mudouse a Madrid, onde comezou a presentar o seu espectáculo de ilusionismo nos bares da cidade.

Os seus inicios na televisión tiveron lugar no Disney Channel onde estivo presentando un espazo de maxia durante dous anos. De aí pasou a traballar en Globomedia como guionista do Club de la comedia e formou parte do equipo de reporteiros do programa Fugitivos. Posteriormente retornou ao Club de la comedia para escribir e interpretar os seus propios monólogos, constituíndo así a súa Triloxía Infantil: Las Chucherías, Con qué nos engañan de pequeños e Diversiones infantiles, que ampliou con outros dous monólogos Los cumpleaños infantiles e La Primera Comunión. Colaborou asemade coma guionista na obra 5hombres.com.

En 2002 pasou a ser un dos presentadores do programa Desesperado Club Social¿Qué presentador de Desesperado Club Social te gustaba más? e ao remate do mesmo fundou a súa propia produtora Aldan Company, dirixindo diversos espectáculos entre os que destaca Operación Terapia. En 2004 participou no espazo Un, dos, tres e a finais dese mesmo ano interveu na serie de televisión Obsesión. En 2005 converteuse nun dos tres presentadores de Caiga Quien Caiga no regreso do programa a Telecinco xunto con Manel Fuentes e Arturo Valls, aínda que só permaneceu durante a primeira temporadaEduardo Aldán presentará 'Peta-Zetas' en Antena 3. Por esta época presentou tamén os espazos Sálvese quien pueda e Lingo.

En 2008 copresentou a primeira edición de Tienes talento con Nuria Roca . Actualmente representa a obra Espinete no existe no Pequeno Teatro da Gran Vía de Madrid.ESPINETE NO EXISTE, de Eduardo Aldán en el Teatro Infanta Isabel

Notas

Categoría:Actores do País Vasco Categoría:Nados en Portugalete Categoría:Nados en 1973