A terceira tempada da serie de televisión estadounidense Lost comezou a transmitirse nos Estados Unidos e Canadá o 4 de outubro de 2006, concluíndo o 23 de maio de 2007 tras 23 episodios. Esta tempada segue as historias do grupo de sobreviventes que foron abandonados nunha illa remota no Pacífico Sur. No universo de Perdidos, a tempada ten lugar do 28 de novembro ao 23 de decembro de 2004. Os produtores declararon que, dado que a primeira tempada é a introdución dos sobreviventes e a segunda tempada do zapón, a terceira tempada é a dos Outros, un grupo de habitantes da misteriosa illa.

En resposta ás queixas sobre o calendario de das tempadas anteriores, os episodios foron transmitidos orixinariamente en dous bloques sen reposicións. en Estados Unidos o primeiro bloque consta de seis episodios, emitidos os mércores ás nove da noite e despois de doce semanas descanso, a tempada continuou co resto de dezaseis episodios ás dez. Ademais, foron emitidos tres episodios especiais que mostraban resumos do acontecido anteriormente: "Lost: A Tale of Survival" emitido unha semana antes da estrea, "Lost Survivor Guide" emitido antes do segundo bloque e "Lost: The Answers" emitido antes do final. A tempada en DVD foi sacada á venda baixo o título de Lost: The Complete Third Season – The Unexplored Experience o 11 de decembro de 2007, dispoñible en DVD ou seis Blu Ray.

Resumo da tempada 275px|miniatura|Latas de comida Dharma no set da serie. Locke, Desmond Hume e o Mr. Eko sobreviviron á explosión do zapón. Mais o Mr. Eko non tardará en morrer a causa do o que parece un fume negro. Jack, Kate e Sawyer, pola súa banda, están en cativerio como prisioneiros de Os Outros, o primeiro nunha estraña habitación, ao coidado dunha muller chamada Juliet e os outros pechados en dúas gaiolas. Despois de facer un experimento con Sawyer este descobre que non están na illa de sempre, senón nunha que se atopa fronte a ela máis pequena.

Ao pouco desvélanse as intencións de Benjamin Linus (líder dos outros, que se deu a coñecer na anterior tempada como Henry Gale), que quere que Jack o opere dun tumor nas costas que o matará nunha semana como moito. Despois de varias tentativas de convencelo e chantaxe Jack, que culminan coa petición persoal de Kate a Jack, xa que se non o operaba matarían a Sawyer (con quen comezara un pequeno enredo amoroso) accede. Finalmente en medio da operación Jack téndelle unha trampa a Ben e consegue que Kate e Sawyer dean fuxido grazas á axuda do médico, que lle tendeu unha trampa a Ben. Finalmente Jack quedase só cos Outros, volvendo con eles á illa principal.

Pasado un tempo, Jack semella que comeza a sentir algo por Juliet, a pesar de que ela é un dos seus captadores e de que as súas lealdades non están claras. Por outra banda, despois de cruzar a distancia entre as dúas illas, Kate e Sawyer conseguen regresar ao campamento, e convencen a Locke e a Sayid para viaxar a través da illa e tentar liberar a Jack. A súa sorpresa é que cando chegan, Jack parece ter un trato amigable con Os Outros, cos que se atopa como se fose un máis deles. Debido a iso Locke tenta falar con el, descubrindo que despois da operación, Ben Linus concedeulle a Jack a posibilidade de abandonar a illa nun submarino, polo que ao chegar ao seu destino pediría axuda para o resto dos sobreviventes. Locke, que non quere marchar da illa, destrúe o submarino de Os Outros, o que causa un gran balbordo. Entón Os Outros apresan a Locke e en privado Ben comentalle que xa agardaba que el estouparía o submarino (xa que non quería que Jack marchase da illa). Finalmente John decide acompañar aos Outros xa que necesita atopar respostas). Kate, Sayid, Jack e a propia Juliet regresan ao campamento.

Porén, a presenza desta última no campamento causa un gran malestar, mais Jack deféndea e o resto deciden darlle un voto de confianza, que de todos os xeitos se acabará cando Sawyer (grazas a Locke, que di ser un infiltrado nos Outros) consegue demostrar que ela segue ao servizo de Ben, mais ao final Juliet consegue gañarse a confianza do grupo.

Despois disto un novo personaxe aparece na illa, Naomi, que aparentemente sobrevive á caída do seu helicóptero grazas ao seu paracaídas. Di que foi enviada á illa por Penny Widmore (a namorada de Desmond) e ten un radio coa que se pode comunicar cun barco de rescate, porén non poden facer nada polas interferencias. Despois de investigar a radio Sayid descobre un erro no sistema de interceptación de comunicacións dos Outros que podería levarlles a ser rescatados, para iso teñen que ir a unha estación Dharma que está somerxida no mar. Charlie e Desmond ofrecense voluntarios para ir a ela e desactivar as interferencias. Mentres Jack con todo o grupo diríxense á torre de radio para contactar con radio unha vez que Charlie e Desmond consigan o seu obxectivo.

A tempada finaliza cando Charlie logra contactar con Penélope dende a estación submarina, mais ela dille que non coñece a Naomi, xusto nese instante o membro dos outros Mikhail aparece e lanza unha granada que fai unha fenda na cámara na que se atopa Charlie. Desmond ao oir a Charlie corre rapidamente a salvalo pero xa é imposible, mais Charlie alcanza a transmitirlle a Desmond o de Naomi xusto antes de morrer afogado. Doutra banda, Jack consegue contactar por radio co barco de Naomi.

Na última escena da tempada Jack atópase con Kate nos arredores dun aeroporto, dicíndolle que hai que volver a "A Illa". Kate négase e dille que non vale a pena. É o primeiro dos flashforward da serie.

Elenco Protagonistas: Adewale Akinnuoye-Agbaje é Eko Tunde Naveen Andrews é Sayid Jarrah Henry Ian Cusick é Desmond Hume Emilie de Ravin é Claire Littleton Michael Emerson é Benjamin Linus Matthew Fox é Jack Shephard Jorge Garcia é Hugo Reyes Josh Holloway é James Ford Daniel Dae Kim é Jin-Soo Kwon Yunjin Kim é Sun Hwa-Kwon Evangeline Lilly é Kate Austen Elizabeth Mitchell é Juliet Burke Dominic Monaghan é Charlie Pace Terry O'Quinn é John Locke Kiele Sanchez é Nikki Fernández Rodrigo Santoro é Paulo

Personaxes recorrentes: Sam Anderson é Bernard Nadler Blake Bashoff é Karl Michael Bowen é Danny Pickett L. Scott Caldwell é Rose Henderson Nestor Carbonell é Richard Alpert Andrew Divoff é Mikhail Bakunin Mira Furlan é Danielle Rousseau M. C. Gainey é Tom Kimberley Joseph é Cindy Chandler William Mapother é Ethan Rom Tania Raymonde é Alex Marsha Thomason é Naomi Dorrit Sonya Walger é Penelope Widmore

Actuacións especiais: Maggie Grace é Shannon Rutherford Malcolm David Kelley é Walt Lloyd Ian Somerhalder é Boone Carlyle

Recepción O primeiro bloque de episodios da tempada foi criticado polo público por expor demasiados misterios e non proporcionar suficientes respostas, ou polas poucas aparicións de moitos dos personaxes principais das anteriores tempadas. Por exemplo Locke, interpretado por Terry O'Quinn, apareceu en só catorce dos vinte a tres episodios mentres que a estrela invitada M. C. Gainey, que interpeta a Lost. Ademais a reacción a dous novos personaxes, Nikki e Paulo, foi en xeral negativa, incluso chegando a recoñecer o propio Lindelof que o mozo foi "universalmente desprezado" polos fans.

A decisión de dividir a tempada e a posterior interrupción tamén foi moi criticada. Porén, o segundo bloque dos episodios foi xa aclamado pola crítica de novo, dando algunhas das ainsiadas respostas e matando ás personaxes de Nikki e Paulo. Tamén se anunciou a serie tería a súa fin dentro de tres tempadas máis, na sexta, esperando que así a xente se convencese de que os guionistas saben cara onde avanza a serie.

A terceira tempada foi nomeado para seis Premios Emmy, incluíndo dirección, guión, montaxe da imaxe e edición de son, e Terry O'Quinn (Locke) gañou o premio ao mellor actor secundario, sendo tamén nomeado á mesma categoría Michael Emerson (Ben). A tempada acadou unha media de 13,74 millóns de espectadores por episodio, décimo sétimo na clasificación de audiencias. O primeiro bloque tivo unha media de preto de catro millóns de televidentes máis que o segundo bloque, chegando o seu peor resultado co décimo cuarto que "só" conseguiu reunir a 11,52 millóns de espectadores. Con todo, Lost foi o programa máis gravado de 2007.

Lista de episodios # Título Director/esPersonaxe/s central/isData de emisiónCódigo

Categoría:Lost