A quinta tempada da serie de televisión estadounidense Lost comezou a transmitirse nos Estados Unidos e Canadá o 21 de xaneiro de 2009, concluíndo o 13 de maio de 2009 tras 17 episodios. Esta tempada segue as historias do grupo de sobreviventes que foron abandonados nunha illa remota no Pacífico Sur. No universo de Perdidos, a tempada ten lugar máis de noventa días despois do accidente. Os produtores declararon que o tema principal desta temporada é porque a xente que deixou a illa precisa retornar a ela.
A tempada estaba previsto nun principio que contivese dezaseis episodios, mais finalmente contou cun capítulo máis, chegando aos definitivos dezasete. O DVD e Blue Ray sairán á venda nos Estados Unidos o 8 de decembro de 2009 co título de Lost - The Complete Fifth Season: The Journey Back, Expanded Edition.
Resumo da tempada Pódese dividir a temporada en dúas partes diferenciadas, a primeira trata dos feitos de como os seis de oceanic (Jack, Kate, Sayid, Hurley, Sun e Aaron) son convencidos (ou obrigados) a volver á illa. Todo isto mesturado co desenvolvemento das aventuras dos que quedaron na illa, que finalmente tralos saltos temporais acaban facendo unha nova e acomodada vida como membros da Iniciativa Dharma en 1977.
Unha vez que cinco dos seis de Oceanic (Aaron non viaxará á illa de novo) volven á illa, catro deles, Jack, Kate, Sayid e Hurley) aparecen precisamente en 1977, xunto cos seus antigos amigos, mentres que Sun (que vai na procura de Jin, que se atopa no pasado) continua en 2008.
Logo disto pasamos a unha segunda parte diferenciada, onde os novos chegados a 1977 tratan de convencer aos acomodados nese época para volver ao presente (por medio dun método que non parece moi fiable e que lles pode custar a vida), mentres que Sun, un resucitado Locke, Benjamin Linus e os Outros saen á procura de Jacob segundo semella para matalo.
Elenco Protagonistas: Matthew Fox é Jack Shephard Jorge Garcia é Hugo "Hurley" Reyes Naveen Andrews é Sayid Jarrah Evangeline Lilly é Kate Austen Yunjin Kim é Sun Kwon Henry Ian Cusick é Desmond Hume Michael Emerson é Benjamin Linus Terry O'Quinn é John Locke Josh Holloway é James "Sawyer" Ford Elizabeth Mitchell é Juliet Burke Jeremy Davies é Daniel Faraday Ken Leung é Miles Straume Rebecca Mader é Charlotte Lewis Daniel Dae Kim é Jin Kwon
Personaxes recorrentes: Nestor Carbonell é Richard Alpert L. Scott Caldwell é Rose Henderson Sam Anderson é Bernard Nadler Sean Whalen é Neil Frogurt Malcolm David Kelley é Walt Lloyd Jeff Fahey é Frank Lapidus Saïd Taghmaoui é Caesar Zuleikha Robinson é Ilana John Terry é Christian Shephard Sonya Walger é Penelope Widmore Alan Dale é Charles Widmore Lance Reddick é Matthew Abaddon Tom Irwin é Dan Norton Fionnula Flanagan é Eloise Hawking François Chau é Pierre Chang Doug Hutchison é Horace Goodspeed Eric Lange é Stuart Radzinsky Reiko Aylesworth é Amy Patrick Fischler é Phil Melissa Farman é Danielle Rousseau de moza Sterling Beaumon é Benjamin Linus de mozo Mark Pellegrino é Jacob
Actuacións especiais: Michelle Rodriguez é Ana Lucía Cortez William Mapother é Ethan Rom Emilie de Ravin é Claire Littleton
Lista de episodios # Título Director/esPersonaxe/s central/isData de emisiónCódigo
Categoría:Lost