miniatura|Cartel da primeira edición, Alexandría (1951). Os Xogos Mediterráneos son unha serie de eventos deportivos e culturais que se engloban dentro do Movemento Olímpico, entre os chamados Xogos Rexionais, celebrados polos países das costas do mar Mediterráneo. É nos Xogos Olímpicos de Londres de 1948 cando sae a idea de organizar uns Xogos nos que só participen os países da contorna do mar Mediterráneo. Farase realidade en 1951, en Alexandría, grazas á labor de Mohamed Taher Pacha. Desde aquela celebráronse 15 edicións, as dez primeiras cada catro anos, sempre no ano anterior duns Xogos Olímpicos, máis a partir de 1993, os Xogos Mediterráneos dispútanse ao ano seguinte duns Xogos Olímpicos, unha decisión tomada polo Comité Internacional dos Xogos Mediterráneos (CIXM) en 1991.

O emblema dos Xogos Mediterráneos son tres aros entrelazados, de cor azul. Os tres aros simbolizan aos tres continentes unidos por esta competición: Asia, África e Europa; a cor azul por estar unidos polo mar Mediterráneo.

A bandeira dos Xogos Mediterráneos é de cor celeste e cos tres aros entrelazados brancos no centro.

Países participantes 25 países, pertencentes a tres continentes participan nestes Xogos:

África: Alxeria, Exipto, Libia, Marrocos e Tunisia. Asia: Líbano e Siria Europa: Andorra, Albania, Bosnia e Hercegovina, Chipre, Croacia, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Italia, Malta, Mónaco, Montenegro, Portugal, San Marino, Serbia e Turquía (San Marino, Andorra e Serbia participan sen ser países mollados polo Mediterráneo).

Sedes Ano EventoSedeXogos Mediterráneos1951I Xogos Mediterráneos35pxAlexandríaExipto1955II Xogos Mediterráneos35pxBarcelonaEspaña1959III Xogos Mediterráneos35pxBeirutLíbano1963IV Xogos Mediterráneos35pxNápolesItalia1967V Xogos Mediterráneos35pxTunesTunisia1971VI Xogos Mediterráneos35pxEsmirnaTurquía1975VII Xogos Mediterráneos35pxAlxerAlxeria1979VIII Xogos Mediterráneos35pxSplitIugoslavia1983IX Xogos Mediterráneos35pxCasablancaMarrocos1987X Xogos Mediterráneos35pxLatakiaSiria1991XI Xogos Mediterráneos35pxAtenasGrecia1993XII Xogos Mediterráneos35pxLanguedoc-RosellónFrancia1997XIII Xogos Mediterráneos35pxBariItalia2001XIV Xogos Mediterráneos35pxTunesTunisia2005XV Xogos Mediterráneos35pxAlmeríaEspaña2009XVI Xogos Mediterráneos35pxPescaraItalia2013XVII Xogos Mediterráneos35pxVolos-LarisaGrecia2018XVIII Xogos Mediterráneos35pxTarragonaEspaña

{| style="margin:0 auto;" align=center width=85% id=toc |align=center colspan=2 bgcolor=#BFD7FF| Xogos Mediterráneos |- |align=center style="font-size: 90%;"|Alexandría 1951 | Barcelona 1955 | Beirut 1959 | Nápoles 1963 | Tunes 1967| Esmirna 1971 | Alxer 1975 | Split 1979 | Casablanca 1983 | Latakia 1987 | Atenas 1991 | Languedoc-Rosellón 1993 | Bari 1997 | Tunes 2001 | Almería 2005 | Pescara 2009 | Volos-Larisa 2013 | Xogos Mediterráneos de 2018 | Xogos Mediterráneos de 2021 |

Categoría:Competicións multideportivas Categoría:Mar Mediterráneo