Francisco Alonso Villaverde, máis coñecido como Fran Alonso, nado en Vigo o 27 de xuño de 1963, é un escritor galego, director de Edicións Xerais de Galicia.

Traxectoria Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia. miniatura|Presentando A cadencia da fractura de Isaac Xubín na Libraría Paz de Pontevedra o 14/12/2017 Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publicou Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

Como poeta é autor dunha innovadora obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu poemario Balada solitaria é un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron 27 autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos, durante o seu período de vixencia. Foi subdirector para edición xeral de Edicións Xerais (2001-2018) e o seu director desde o 20 de abril de 2018 . Tamén foi vicepresidente da Asociación Galega de Editores (2006-2010).

Está casado con Concha Costas, expresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística do galego.

Obras Narrativa adulta Tráiler (1991). Vigo: Edicións Xerais. 224 páxs. ISBN 978-84-8302-250-4. A lúa no probador (1992). Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia. Relatos e poemas escritos entre 1986 e 1990. Cemiterio de elefantes (1994). Vigo: Edicións Xerais. Traducida ao castelán. 136 páxs. ISBN 978-84-9782-625-9(7ª). ePub: ISBN 978-84-9914-616-4. Silencio (1995). Vigo: Nigra. Reeditada cun relato inédito en 2001 por Edicións Xerais en Fóra de Xogo, 96 páxs. ISBN 978-84-9914-635-5, ePub: ISBN 978-84-9914-719-2. Males de cabeza (2001). Vigo: Edicións Xerais. Foi traducida ao castelán e ao catalán. 208 páxs. ISBN 978-84-8302-546-8 (2ª). ePub: ISBN 978-84-9914-961-5. Ninguén (2011). Vigo: Edicións Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-9914-302-6. ePub: ISBN 978-84-9914-477-1. Cáncara (2026). Vigo: Edicións Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-1110-806-5. ePub: ISBN 978-84-1110-814-0.

Literatura infanto-xuvenil O brillo dos elefantes (1999). Vigo: Edicións Xerais. Ilustracións de Luis Castro Enjamio. 80 páxs. ISBN 978-84-9782-454-5 (4ª). A casa da duna (2002). Vigo: Edicións Xerais. Co fotógrafo Manuel G. Vicente. 48 páxs. ISBN 8483028719. O brillo dos elefantes (2006). Vigo: Edicións Xerais, Merlín. Ilustrado por Enjamio. 80 páxs. ISBN 9788497824545. Cartas de amor (2006). Vigo: Edicións Xerais, Fóra de Xogo. Traducida ao castelán. 128 páxs. ISBN 978-84-9782-489-7 (13ª). ePub: ISBN 978-84-9914-852-6. A araña e máis eu (2009). Kalandraka. Foi traducida ao castelán, ao portugués, ao inglés, ao italiano e ao coreano. Fotografías de Manuel G. Vicente. 48 páxs. ISBN 978-8484645344. A punta de pistola (2012). Vigo: Edicións Xerais, Fóra de Xogo. 144 páxs. ISBN 978-84-9914-451-1 (5ª). ePub: ISBN 978-84-9914-585-3. Douche a miña palabra (2021). Vigo: Edicións Xerais, Sopa de letras. 128 páxs. ISBN 978-84-9121-886-9 . Ilustracións de Bea Gregores. ePub: ISBN 978-84-9121-899-9. A curva da pantasma (2023). Vigo: Edicións Xerais, Fóra de Xogo. 224 páxs. ISBN 978-84-1110-308-4. ePub: ISBN 978-84-1110-285-8.

Poesía

Cidades (1997). Vigo: Edicións Xerais, Sopa de libros. (Ilustracións de Pablo Otero Rodríguez "Peixe"). Traducida ao castelán. 72 páxs. ISBN 978-84-9914-191-6 (5ª). ePub: ISBN 978-84-1110-290-2. Ilustacións do autor. Subversións (2001). Vigo: Edicións Xerais, Alternativas. 188 páxs. ISBN 9788483026618. Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006). Vigo: Edicións Xerais, Fóra de Xogo. 224 páxs. ISBN 978-84-9914-250-0 (19ª). ePub: ISBN 978-84-9121-972-9. Edición actualizada en 2024, ISBN 978-84-1110-513-2. O meu gato é un poeta (2011). Vigo: Edicións Xerais, Sopa de letras. 72 páxs. ISBN 978-84-9914-211-1(9ª). (libro-CD) Poemas birollos para ler cos ollos (2016). Vigo: Edicións Xerais, Sopa de letras. Ilustrado polo autor. 72 páxs. ISBN 978-84-9121-052-8(2ª). Street poems (2018). Vigo: Edicións Xerais, Sopa de letras. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-367-3 (3ª). Ilustrado polo autor. Véndoche un poema (2025). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-683-2.

Biografía

A vida secreta de María Mariño (2007). Vigo: Edicións Xerais. Ilustracións de Fino Lorenzo. 104 páxs. ISBN 9788497825757. A voz que vén da seitura (2007). Biografía da Señora Carmen, unha muller de 82 (falecida en 2014) anos integrante do grupo folk Malvela. Forma parte do libro CD/DV A flor dos meus anos. Folerpas de Novoneyra. Biografía e antoloxía (2010). Vigo: Edicións Xerais, Merlín. 136 páxs. ISBN 9788499141220.

Crónica Territorio ocupado (1998). Vigo: Edicións Xerais. Fotografías de Manuel G. Vicente. 280 páxs. ISBN 9788483022801. Un país a medio facer (2008). Vigo: Edicións Xerais. 224 páxs. ISBN 9788497829335. Contesta ou disparo (2011). Publicado en Internet. Libro de entrevistas para Diario 16 de Galicia.Contesta ou disparo

Poesía adultos Persianas, pedramol e outros nervios (1992). Alacrán Poesía. ISBN 978-8460442745. Tortillas para obreiros (1996). Culleredo: Espiral Maior. 53 páxs. ISBN 8488137842. Subversións (2001). Vigo: Edicións Xerais. 192 páxs. ISBN 978-84-8302-661-8. Balada solitaria (2004). Edicôes Eterogémeas. Traducida ao catalán. Transición (2011). Franouren. (libro-CD) Poétic@ (2015). Autoedición en formato dixital. Terraza (2017). Vigo: Edicións Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9121-155-6. ePub: ISBN 978-84-9121-579-0. Véndoche un poema (2025). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-683-2. ePub: ISBN 978-84-1110-690-0.

Obras colectivas Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro. O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón. Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña. A rota dos baleeiros, 1991, Edicións do Dragón. XV Festival da Poesia no Condado, 1995, S. C. D. Condado. Relato contemporáneo, 1995, Edicións Xerais. Construír a paz, 1996, Edicións Xerais. Narradores de cine, 1996, Edicións Xerais. Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais. Bestiario, 1998, Edicións do Dragón. dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal. Mini-relatos, 1999, Libraría Cartabón. Contos para levar no peto, 2001, Xerais. Ninguén está só, 2001, Editorial Tris Tram. Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Longa lingua, 2002, Edicións Xerais. Materia prima: relatos contemporáneos, 2002, Edicións Xerais. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Narradio. 56 historias no ar, 2003, Edicións Xerais. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais. X. Espazo para un signo, 2005, Edicións Xerais. Historias para ler e mirar, 2007, Xunta de Galicia. O son das buguinas, 2007, Edicións Xerais. Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Edicións Xerais. Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora. Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas. Manuel Lueiro Rey (1916-1990), 2013, Xerais. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.

Traducións A aventura sorprendente dun homiño moi valente, de Hans Traxler (2007). Vigo: Edicións Xerais.

Premios Premio Curuxa Literaria en 1990 polo relato O mañá depende de nós. Premio Blanco Amor en 1991 por Tráiler. Premio Rañolas en 1997 por Cidades. Premio Losada Diéguez en 1999. Accésit do Premio Lazarillo do Ministerio de Cultura en 1998 por Cidades. Mención na Lista de Honra da revista CLIJ. Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil no 2009, por A araña e mais eu. Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro infantil no 2011, por O meu gato é un poeta. Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2012, por A punta de pistola. Premio ao mellor proxecto literario na rede na I Gala do Libro Galego en 2016, por Poé[email protected].

Notas

Véxase tamén Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo. Ligazóns externas Cabrafanada, blog de Fran Alonso Males de cabeza en PDF

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1963 Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Editores de Galicia Categoría:Edicións Xerais de Galicia